Imaxe de cabeceira
Axenda cultural
Artigos nesta sección:

O pasado sábado 12 de Xaneiro tivo lugar no auditorio de Rianxo unha noite de monólogos, amparada baixo o nome “Tempos modernos” (facendo alusión á actualidade dos temas que trataban). Aquí, dúas persoas, durante aproximadamente una hora cada unha, fixeron a todos os asistentes rir a gargalladas.

Debo admitir que ao comezo non sabía moi ben que esperarme. Nunca asistira a uns monólogos, e o máis parecido que coñecía era o Club da Comedia, o meu principal temor era aburrirme. Que enganada estaba! Ao igual que todas as persoas que completaban o aforo do auditorio rin e rin sen parar durante algo máis de dúas horas, pois resultaron tremendamente amenos e ninguén quería que rematase.

Os encargados de levar a cabo este entretemento foron (por orde de intervención) Duarte Galbán e David Perdomo. O primeiro un veciño da vila que está comezando no mundo do humor; durante a súa rolda fixo un repaso anecdótico dos momentos de maior vergoña da súa infancia e adolescencia, onde tamén tiveron cabida alusións e agradecementos á súa familia e amigos, e ao seu pobo natal. A continuación, chegou a quenda de Perdomo, un artista bastante coñecido no mundo do humor polas súas intervencións en programas como o Land Rober da TVG. El subiu o ton dos monólogos, comentando, sen pelos na lingua, temas tan en auxe na nosa sociedade actual como o feminismo e os inmigrantes, así como o emprego das redes sociais por parte dos e das adolescentes, os desexos máis escuros das persoas, etc. sempre nun ton humorístico, claro!, ademais, procuraba tamén un ton crítico e de reflexión, pretendía facer ao seu público pensar nas decisións que toman, na forma que todos posuímos de xulgar o descoñecido, en como debéramos criticarnos a nós mesmos… e rir, rir sempre.

O pasado venres 20 de decembro proxectouse no auditorio de Rianxo a película O que arde. Dirixida por Óliver Laxe e protagonizada por Amador Arias e Benedicta Sánchez, conta a historia dos incendios en Galicia. É unha creación en galego feita con actores e actrices non profesionais. Outro feito destacable é que adquiriu moita importancia, por exemplo, obtivo 4 nomeamentos aos premios “Goya”.

O martes 13 de novembro, no auditorio de Catoira, tivo lugar a preestrea da obra Invisibles de Redrum Teatro, unha adaptación do libro de Montse Fajardo do mesmo título. Está dirixida por Marián Bañobre e interpretada por Mela Casal, Nieves Rodríguez e Sheyla Fariña.

    Estas actrices dan vida a sete mulleres: Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña. Todas elas diferentes, en idade, clase social, nivel económico … pero todas vítimas de casos reais de violencia de xénero. Durante a función transmiten sensacións, angustias, medo, impotencia, inseguridade, dependencia, dúbidas… póñenche na pel das afectadas.  Unha representación que non deixará a ninguén indiferente.

    Ademais de en Catoira xa a puideron gozar nos auditorios de Pontevedra e Viana do Bolo. Se vos entraron as ganas de vela, non temades que estará proximamente nos teatros de Milladoiro e Vilagarcía de Arousa. Neste sitio web podedes ter máis información: https://www.redrumteatro.com/invisible .

Persoalmente creo que a obra tería que ser obrigatoria, recoméndovos a todas e a todos que non a deixedes escapar, nin a función nin o libro.

77 Artigos |   | 1  |   | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | 10  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.