Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / ...
Traballos de música galega

Traballos do alumnado de 2º de ESO sobre grupos galegos que cantan en galego.

Artigos nesta sección:

O día 22 de abril, deste mesmo ano. Saíron as 10 da mañá á venta as entradas do concerto de AC/DC.

Vintemil persoas estiveron ese día a esa hora moi espectantes da páxina na que salían xa que ese día so se venderían as entradas por internet. Antes das 10:10 as 20 mil entradas xa estaban esgotadas.

Gústame moito a música, sobre todo o rock. Son admiradora de Barón Rojo e fun ao seu concerto o pasado día 6 de marzo. Déixovos aquí a miña crónica do evento.

John Joseph Vesely formou Secondhand Serenade na súa vila natal Menlo Park en California, EUA, no 2004. É un guitarrista solista que fai rock acústico.

Vesely comezou a escribir cancións cando coñeceu a súa actual muller Candince Vesely. Ela quería que el lle tocase, e colleu a guitarra acústica, aí foi cando atopou o seu destino.

O nome de Secondhand Serenade é unha referencia á maneira en que as súas cancións son serenatas á súa muller, coa que ten dous fillos pequenos.

Lanzou 2 álbums, o 1º Awake no 2005 e A Twist in my Story no 2008. No 2º disco utilizou unha banda completa para facer un son máis traballado. O lanzamento do seu segundo álbum foi o 5 de febreiro do 2008, e contiña cancións do seu antigo álbum awake, pero producidas con banda sonora en vivo. O seu primeiro single foi “Fall for You” que fai referencia ao divorcio da súa muller Candice no 2008

John Vesely está traballando no seu novo álbum, que se lanzará entre xaneiro e febreiro.

Podedes probar a escoitar… http://www.youtube.com/watch?v=gvyqVxCTp7o

Espero que vos gustase a presentación. Probade a escoitalo!!

 

Antes de que existiran formas tecnolóxicas de medir o tempo a xente guiábase polo sol e a lúa. Esta era unha forma de adaptar a vida ás diferentes épocas do ano (magosto, pascua…) que sempre estiveron acompañadas de melodías.

Nos anos 50 xurdiu o Rock and Roll da man do “Rei do Rock” Elvis Presley e tamén doutros rockeiros como Chuck Berry, Gene Vicent.
Nos anos 60 apareceron novos grupos e cantantes de Rock como The Beatles, The Rolling Stones, Muddy Watters, Jimi Hendrix (considerado un dos mellores guitarristas do mundo), Eric Clapton, The Doors, John Mayall, Jefferson Airplane, The Mamas and The Papas, Seeds, Santana, Velvet Underground,…
Nos anos 70 xurdiron novos estilos coma:
•    Rock Sinfónico ou Progresivo:  The Beatles(que xa están dende os 60), Pink Floyd, Frank Zappa…
•    Glam Rock: David Bowie, Queen, Alice Cooper, Elton John.
•    Rock Urbano: Bruce Springsteen.
•    Rock Latino: Carlos Santana, Celia Cruz.
•    Hard Rock ou Heavy Metal: Led Zeppelin, Black Sabbath, Deep Purple.  
•    Punk: The Clash, The Ramones, Sex Pistols.                
Os anos 80 foi a época dourada do pop, pero tamén xurdiron novos cantantes e grupos de rock, de heavy metal, do Trash Metal, do chamado Rock/Pop e do Punk.
•    Rock: Tina Turner, Los Suaves, OBUS, Barón Rojo, Asfalto, Radio Futura, Gabinete Caligari, Siniestro Total, Golpes Bajos, Os Resentidos, Os Diplomáticos, Rompente, Radio Océano, Los Suaves, Siouxsie & The Banshees…
•    Heavy Metal: Judas Priest, AC/DC, Iron Maiden, Scorpions, Van Halen, Aerosmith e Bon Jovi.
•    Trash Metal: Metállica, Joe Satriani e Guns N’Roses.
•    Rock/Pop: The Police, Sting, Blondie, Dire Straits, U2…
•    Punk: Kaka de Luxe.
Os anos 90 caracterízanse polo triunfo do mercado do rock e das súas variantes, e así temos novos cantantes e grupos:
•    Rock: Pearl Jam, Nirvana, Green Day e Linkin Park (que ao principio se chamaban “SuperXero” e empezaron a tocar no ’97), Heredeiros da Cruz…
•    Rock Alternativo: Offspring.
•    Rock/Pop: R.E.M., Oasis, Andrés Calamaro, Héroes del Silencio, Seguridad Social, Sociedad Alkohólica, Extremoduro…
•    Heavy Metal: Helloween, Dream Theater, Dream Evil…
•    Trash Metal: Marilyn Manson, Black Crowes, Lenny Kravitz.
No século XXI destacamos entre outros moitos:
•    Rock: Los de Marras, Blur, ColdPlay.
•    Rock Latino: Pereza, Estopa, Porretas, Fito & Fitipaldis, El Canto del Loco.

1. Cales son as diferenzas entre o rap e o hip hop?

O hip hop é a cultura que engloba todos os elementos como os grafiteiros, os “breakers”, etc, e o rap é a expresión musical da cultura do hip hop.

2. Onde naceu este tipo de música?

 Este tipo de música falada naceu nas rúas dos barrios negros de Nova Iorque. Tivo unha difusión meirande cós outros xeitos de expresión do hip hop.

3. Quen foron os primeiros grupos galegos en incluir este estilo no seu repertorio musical?

Os Resentidos. Outros moitos decidiron empregar a nosa lingua para botar as súas rimadas e así xurdiron os irmáns Bochechiñas, os Scornabois, o Pinto D´Herbon ou Marisol Man Furada.

 4. Onde está hoxe en día o epicentro do rap en galego?

O epicentro do rap en galego está na vila de Ordes. O grupo de “Dios ke te crew” abrangue todas as expresións propias do hip hop, e mantén a perspectiva galega da xa chamada nova lírica urbana.

5. Que outros grupos de rap en galego cómpre destacar?

  Cómpre destacar a escena santiaguesa con bandas coma “Non residents”, “Hip hop Ateneu”, “Noitebregos” ;grafiteiros coma “Cousas Novas” e “breakers” coma Playmovil kid. Tamén destacan outras vilas como Vigo coa rapeira Aid.

O cantautor cubano interpretou este sábado xunto ao músico Emilio Batallán os versos ‘Do mar pola orela’ e ‘O Maio’ para homenaxear a Curros Henríquez e Lorenzo Varela con motivo do 30 aniversario da sua morte.

Según o prefesor Gregorio Ferreiro os homenaxeados foron poetas, xornalistas e persoas comprometidas co movemento histórico que lles tocou vivir e cualificaounos de grandes humanistas que entenderon que podían contribuír a que o mundo fose mellor.

No acto tamén participou o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, que agradeceu a presenza dunha “das voces máis poderosas de América Latina e trazou un paralelismo entre a poesía “civil” de Curros Enríquez e a de “combate” de Lorenzo Varela.

Ademais, actuaron Mini e Mero, do grupo A Quenlla, que contan no seu repertorio con outras versións de Curros Enríguez

O sábado 13 de setembro de 2008 estreouse, no Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña e coa produción da Asociación de Amigos da Ópera desta cidade, a ópera {O arame}, con música do vigués Juan Durán e libreto do lucense Manuel Lourenzo.

A obra é unha ópera de cámara, nun só acto, cunha duración aproximada de hora e cuarto e coa presenza de poucos personaxes. Concretamente participan un barítono, unha soprano, dous bailaríns e unha orquestra de cámara con 16 músicos (corda, vento, piano e percusión).

O libreto narra a historia de Gloria e Labarta, dous titiriteiros que, ao final da súa vida, chegan á beira do mar onde reflexionan sobre os seus soños, recordos e penas. O personaxe masculino, Labarta, representa un artista que aínda mantén a ilusión e cre que pode volver aos éxitos do pasado, mentres o feminino, Gloria, representa o lado contrario, o dunha muller rendida, sen ilusión nin esperanza, que non quere continuar. Ese ton nostálxico e poético da historia, fai que a música non sexa épica, senón contida, lírica, sensible, con tons apagados, aínda que ao final se perciba unha certa esperanza.

O canto segue as características dun recitativo “cantábile”, sen grandes arias ao estilo italiano, senón cunha especie de continuidade, de diálogo e acción sen interrupcións ata o final. A música empregada é moi descritiva e con motivos que acompañan aos distintos personaxes e accións coma o mar, o camiñar do equilibrista polo arame…

Na estrea do 13 de setembro actuaron o barítono Javier Franco (coruñés, residente en Italia), a soprano Carmen Durán (viguesa, residente en Alemaña), os bailaríns Catarina Varela e Alexis Fernández (pertencentes ao Centro Coreográfico Galego) e o {Grupo Instrumental Siglo XX} baixo a dirección do compostelán Maximino Zumalave. A escenografía correu a cargo de Rodrigo Roel e a actuación apareceu reforzada cunha videoproxección.

Cómpre salientar as palabras do compositor ao comentar a obra e dicir que “a música está supeditada ao texto porque non hai que esquecer que a ópera é fundamentalmente teatro. Hai que deixar que a escena e o argumento sexan moi comprensibles e tamén se debe apoiar o lucimento dos cantantes, porque ao fin e ao cabo son os que transmiten a mensaxe.”

24 Artigos |   | 1  | 2  | 3
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.