Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / Traballos de música galega
Cantigas populares

Pandereteiras“Este pandeiro que toca,

era de coiro de ovella,

toca, toca pandeireta

toca, toca ata que arrabea.”

A pasada avaliación fixemos un traballo sobre a música que escoitaban antes os nosos avós. Eu recollín algunhas cantigas que me gustaría compartir con vós.

Cando se xuntaban as veciñas da miña aldea (Vacariza) para tocar as pandeiretas, cantaban:

   “O muíño troula, troula

a auga faino troular

a filla do mariñeiro,

rabea por se casar.”

“Fun ó muíño con Paula,

fun ó muíño con ela,    

 ela durmeu no meu braso,                                               

eu durmín no braso dela.”

                                                                                                                         

              

“Unha vella dille á outra,

polo jixeiro da porta,

ti governa a túa vida,

que a miña nada che importa.”

“Eu queríame casar,

miña nai non teño roupa,

casa miña filla, casa

que unha perna tapa a outra.”

“Eu caseime no Araño,

pensando que había pan,

o forno da miña soghra,

criaba silvas polo vrán.”

Na época do Nadal, cantaban cantigas coma esta:

“Señora da casa levántese axiña,

non deixe esquecer os da panxoliña.

Traemo-la bota para levar o viño,

para levar os ovos e o gharaveliño.”

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.