Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

‘Tiarajudens eccentricus’, un estraño herbíboro con  molares no paladar.                     Un grupo de investigadores en busca de novas especies de vertebrados do Pérmico utilizou imaxes captadas por satélite a través de Google Earth en Brasil para seleccionar algúns lugares para as súas  escavacións. Tiveron sorte e en marzo de 2009 atoparon os fósiles dun estraño animal que viviu fai 260 millóns de anos. A pesar de que era herbívoro, a súa dentadura tiña uns enormes cairos. O cranio e algúns ósos do esqueleto de ‘Tiarajudens eccentricus’ foron atopados na localidade brasileira de Tiaraju, no estado de Rio Grande do Sur, na fronteira con Uruguai. O seu nome significa ‘dentes de Tiaraju’ e fai tamén alusión á singularidade da súa morfoloxía (‘eccentricus’). Os paleontólogos atoparon a metade esquerda do cranio: “Os seus incisivos son de gran tamaño (estes dentes son usados polos herbívoros para cortar e arrincar vexetación) aínda que quizais, o máis rechamante, é o enorme cairo, que mide 12 centímetros e ten a mesma altura que o cranio”. Ademais, ten 13 dentes de tipo molar que non están na zona maxilar, como todos os mamíferos, senón que se atopan no padal: “Non se achou ningún outro animal con moas nesta parte da boca. É un trazo totalmente novo”, asegura o salvadoreño Cisneros, que actualmente investiga na Universidade Federal de Piaui.O equipo de paleontólogos calcula que ‘Tiarajudens eccentricus’ viviu fai entre 260 e 265 millóns de anos polo que se trataría do “rexistro máis antigo dun animal con capacidade de masticar materia vexetal. Antes dese animal, ningún parente dos mamíferos lográrao”, sinala o investigador.Os paleontólogos calculan que os mamíferos xurdiron 50 millóns de anos despois da época na que cren que viviu ‘Tiarajudens’. Antes dos mamíferos, habitaron a Terra uns animais coñecidos como cinodontes (significa ‘dentes de can’) que si masticaban vexetais pero son máis novos que ‘Tiarajudens’.Unha das incógnitas que se expón é por que un animal herbívoro tiña uns cairos tan grandes, un trazo característico dos carnívoros. “Creemos que os cairos lle podían servir para defenderse de posibles depredadores e tamén nas loitas que se producían entre membros do seu mesma especie para conseguir territorio ou femias”.Na actualidade, os investigadores tentan reconstruír o corpo completo deste animal estudando os ósos que acharon do seu esqueleto. Aínda que aínda non poden ofrecer moitos datos, cren que tiña un tamaño similar a un pequeno tapir (un animal parecido ao xabaril). 

 

   Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa , a novela de Marilar Aleixandre , gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008 , conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, “unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve”. A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.

 O día 11 de marzo, os alumnos e alumnas de PDC,  3º, 4º de ESO e algúns de Bacharelato asistimos á quinta hora a unha charla chamada sobre a exposición que houbo as pasadas semanas no noso instituto, IES Félix Muriel, titulada Terras de acolá.

Henrique Monteagudo é profesor de Filoloxía Galega na USC e seica está a piques de ingresar na Real Academia Galega. Hai uns meses publicou o informe Por un proxecto de futuro para o idioma galego, unha reflexión estratéxica sobre o noso idioma. Ante o debate aberto por esta obra, na revista de crentes galegos Irimia fixéronlle unha interesante entrevista.

Ao final da mesma expón a súa visión do futuro do galego. Deixámosvos unhas frases textuais para que leades

786 Artigos |   | 1  |   | 66  | 67  | 68  | 69  | 70  | 71  | 72  | 73  | 74  | 75  | 76  |   | 99  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.