Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Terras de acolá

 O día 11 de marzo, os alumnos e alumnas de PDC,  3º, 4º de ESO e algúns de Bacharelato asistimos á quinta hora a unha charla chamada sobre a exposición que houbo as pasadas semanas no noso instituto, IES Félix Muriel, titulada Terras de acolá.

 O señor que realizou a  exposición e mais que dá a charla chámase Luís Menéndez e traballou na TVG. O tema principal son os países de fala portuguesa no mundo. El e un grupo de persoas foron facendo reportaxes sobre as diferentes linguas e os diferentes países onde se falan. A presentación de hoxe fíxoa a través de videos das distintas culturas de distinta duración. O primeiro video era a presentación de todo o que se ía  tratar a continuación: países  nos que teñen o portugués como lingua oficial , o portugués e falado por 225 millons de persoas en todo o mundo .Vense imaxes  destes países , e mostran a sua forma de vida.

Contou que facer todo iso foi moi sinxelo, xa que co galego era fácil comunicarse cos portugueses-falantes.

 Son países moi distintos entre si pero teñen algo en común todos eles son pobres , no sentido material da palabra. Na sanidade , na comida, e auga.Pero teñen grandes coñecementos. Nalgúns dos lugares nos que gravaron tiveron  grandes prolemas de seguridade.

Fálanos das Quedas de Angola que son unhas famosas cataratas, e un país moi rico en diamantes.Integraronse no pobo , e os seus habitantes falaronlle das suas tradicións , ali predominan os campos de arroz.

Portugal e Brasil : fixeron diversas cousas como a pesca artesá tipíca de alí , os lugares mais turisticos .

Estiveron en catro continentes: Europa, África, Asia e América do sur.

Para grabar todos os documentais necesitaronse centos de horas e foilles moi económico, xa que tiñan case todos os gastos cubertos, pero a pesar de todo a Luís

Menéndez parecéulle unha bonita experiencia.

 

 

Persoalmente, pareceunos unha charla moi interesante, e que realizaron un traballo moi duro. Grazas aos cortos que nos puxeron, aprendemos bastantes cousas sobre o portugués nos países nos que se fala e a sua cultura, que antes non sabiamos.

Charla no noso IES sobre os programas de televisión Terras de Acolá




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.