Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Neste novo apartado da revista iremos presentando xogos variados sobre o léxico mariñeiro traballado no proxecto xa feito “No meu mar, na miña lingua”. Irán aparecendo de cando en vez e seguindo a estructura das láminas editadas Partes da embarcación Embarcación a vela A xeiteira Remo: A traíña Piragüismo: O kaiak Piragüismo: A canoa O […]

 Por Nuco Losada

lugh nuco 1

 Lugh non e o deus supremo, é un deus sen “función” porque as ten todas. Por esta razón tamén e coñecido como Samildarnach ou múltiple artesán da mitoloxía celta, non soamente porque está no cume da xerarquía, senón porque ademais e pancéltico: é unha desas raras divindades que, polo que sabemos dos pobos celtas, podemos atopar en tódolos panteóns. Existen moitos topónimos respecto a LUGH na zona norte de España, derivados deste deus: cidades como Lugones en Asturias e que ademais era o nome dunha tribo céltica, os Lugones, ou pobo de Llugás (Lugás) en Villaviciosa onde ata non hai moito o crego da parroquia dicía a misa subido a un teixo (Texu) situado no pequeno bosque xunto a igrexa de Santa Maria en Llugás, outro exemplo e Lugo de Llanera en Asturias ou Lugo en Galicia aínda que estes proceden realmente de Lucus, bosque sagrado ( Lucus Asturum ) o primeiro e ( Lucus Augusti ) o segundo. E máis en Cantabria,etc.

web-movil-aplicaciones-moviles-amvos-digital.jpg-768x446Traemos aquí o artigo publicado en “La voz de la escuela” de hoxe mércores co obxectivo de facer reflexionar. É preciso un contrato? A palabra que escolleríamos é moi nosa… “sentidiño”

Por X. Ricardo Losada Estou canso de oír falar mal dos mozos actuais. Non me parece ben que a excepción algúns descerebrados xuvenís que pululan polas nosas vilas) se converta en norma. Os mesmos argumentos que se utilizan hoxe para denigrar os mozos utilizáronse en todas as épocas. Sempre a mesma cantilena. Inmaturos. Caprichosos. Violentos. Vagos. Viciosos. O […]

CARTAZ NORTEARA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Direçao Regional de Cultura do Norte (Portugal) xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal convocan o Premio Literario Nortear. O seu obxectivo fundamental é fomentar a creatividade literaria entre a mocidade escritora que reside na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Poden participar todas aquelas persoas nacidas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.

Podedes consultar as bases da convocatoria entrando no artigo.

galiciencia

Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz

 

O Departamento de Física e Química ten intención de ir alá. Para iso anímavos a participar no concurso de fotografía. Entrade no artigo, lede as bases … e Animádevos!

inicio cartazNovo curso…Novos proxectos

O curso 2015/2016 preséntase moi prometedor. Con enerxía e ganas de traballar abriremos proxectos e retomaremos, para mellorar, algúns dos xa traballados.

Todo traballo ten que ter o seu recoñecemento. Por iso, este ano, igual ca o pasado e algún outro máis, fixemos entrega dun diploma a todos os colaboradores e colaboradoras do ENDLG… Foron vindo aos poucos nos últimos recreos do curso, nos que había que ultimar os preparativos para a saída a Manzaneda, a excursión […]

288 Artigos |   | 1  |   | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  | 28  | 29  | 30  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.