Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Redacción'.

Hoxe, día 8 de marzo de 2016, coma cada ano, celébrase internacionalmente como o “Día da Muller Traballadora”, recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Reportaxe de Carla Pedrouzo, 08/03/2016
Deste día tan especial como o 8 de marzo, quero resaltar que todas as mulleres do mundo, sen distinción de raza, sexo, cor ou nacionalidade, todas elas teñen os seus dereitos por iguais como persoas que son.
A continuación, vouvos falar un pouco sobre a muller con máis estudos realizados na miña familia, miña nai, María José Castro Alcalde, de 41 anos.

carla1ENTREVISTA A Mª JOSÉ CASTRO ALCALDE

C: -Que estudos realizaches ao longo da tua vida?
Mª: -Pois a verdade é que teño unha lista de estudos algo ampla. Son diplomada en relacións laborais, logo teño o título de puericultura e tamén cursei arredor duns 23 cursos relacionados co meu posto de traballo actual.

logoCLIPCONVERTER

ClipConverter é unha aplicación gratuíta para converter multimedia que permite pasar case calquera dirección web de audio ou video cara aos formatos máis comúns. Servizos actualmente soportados: Descarga Directa, YouTube [720p, 1080p, 4K], Vimeo. Este, gratuíto e rápido, convertidor permite ver todos os vídeos favoritos de YouTube no  teléfono móbil, PC, TV ou case calquera outro dispositivo.
Como converter un video de YouTube?:

 Nesta páxina encontramos un xogo básico de robótica, con 5 niveis de dificultade.  feito polo profesor Oscar Abilleira  Se queres algo mais sobre o tema, dámosche outros dous enlaces                    

rosasarosalia  Amancio Prada (León, 1949) pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica galega no mundo (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, diversos trobadores galaico-portugueses, cancións populares etc). Edita o seu primeiro disco en 1974,  en 1975 grava o seu segundo disco, dedicado a Rosalía de Castro. Froito desta etapa son Caravel de caraveles, Cántico espiritual, Canciones de amor y celda, Lelia doura.

día de Rosalía1

Moitos cantautores e grupos musicais fixeron cancións cos poemas de Rosalía Castro.

Aquí deixamos enlaces para facer un percorrido musical

 

 

 

 

Mañá mércores, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía. Para iso preparamos unha expodía de Rosalía1sición sobre a súa vida e obra. Ademais de realizar videopoemas, ilustrar versos e poemas seus, preparamos unha biografía da autora a partir da reseña que se publicou en 1984 “A Nosa Terra”. Quédanvos aquí abaixo todos os cartaces que mañá veredes na entrada dos dous edificios.

(Se queres descargalos: día de Rosalía)

Arrancamos coa Radio no IES Félix Muriel e no noso primeiro programa convocamos un pequeno concurso musical. Vós escolledes a canción que máis vos gusta das que vos propuxeron Xiana e Xyang.

288 Artigos |   | 1  |   | 17  | 18  | 19  | 20  | 21  | 22  | 23  | 24  | 25  | 26  | 27  |   | 36  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.