Imaxe de cabeceira
O IES rebole
GALICIENCIA: Concurso de fotografía

galiciencia

Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz

 

O Departamento de Física e Química ten intención de ir alá. Para iso anímavos a participar no concurso de fotografía. Entrade no artigo, lede as bases … e Animádevos!

 

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA

PARTICIPANTES

O concurso está aberto a todos os alumnos e profesores dos Centros Educativos que participen, ou soliciten participar na Galiciencia 2015, ben como expositores ou como visitantes.

TEMÁTICA

O certame organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2015 contribuíndo á celebración do Ano Internacional da Luz e das tecnoloxías baseadas na luz, polo que, partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorno relacionado coa temática en cuestión.

CONDICIÓNS E FORMATOS

  • O número máximo de fotografías por persoa que se poderán presentar será de 3.
  • As fotografías presentaranse en branco e negro ou color.
  • As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e non ter sido premiadas en ningún outro concurso. Os participantes deberán ser os autores das obras presentadas.

PRESENTACIÓN DAS OBRAS

Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán enviar un mail coas fotos presentadas ao concurso e os seguintes datos: título/s da/s obra/s presentada/s, nome e apelidos do autor, teléfono de contacto, e-mail e nome do centro ao que pertencen. – Enviaranse por correo ao seguinte enderezo sabela@tecnopole.es. – Poderán ser enviadas ao twitter da Tecnópole: http://twitter.com/tecnopole mediante unha mensaxe directa ou usando o hashtag #Galiciencia. – O prazo de presentación finalizará o 25 de outubro de 2015.

XURADO

O xurado será asignado pola organización entre persoas expertas na materia.

RESOLUCIÓN

A resolución do xurado farase pública o día 20 de novembro de 2015 durante a entrega de diplomas da Galiciencia e remitirase por correo electrónico a todos os participantes. A resolución do concurso é inapelable.

PREMIO

Diploma e un obsequio para o alumno/a ganador/a do concurso. Diploma e un obsequio para o profesor/a ganador/a do concurso.

PROPIEDADE

Todas as obras premiadas quedarán en propiedade do PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA, quen se reserva o dereito da súa exposición, reprodución ou publicación, sen que isto supoña perda da autoría das fotografías, cedendo os dereitos de reprodución, exposición e explotación non remunerada, pasando a incrementar o patrimonio cultural, sen que estas poidan ser obxecto de compravenda.

OBSERVACIÓNS

  • O feito de participar no presente concurso implica a aceptación total das bases.
  • A organización non se responsabilizará da non chegada das obras ao seu destino.
  • As obras que non cumpran as condicións de presentación non entrarán en concurso.

FORMATOS VÁLIDOS

As fotografías poderán estar en formato jpeg, tiff, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeles (bastará unha cámara de 2Mpx), esta é a resolución mínima para poder reproducir as fotos en formato 30x20cm. Sería preferible unha resolución maior.

REALIZACIÓN E MANIPULADO

Poden facerse axustes na imaxe, con respecto a color, niveis e axustes e correccións. Non está permitido manipular a foto de maneira que se cambien obxectos ou elementos da imaxe, polo tanto non se permiten fotomontaxes.

PARA MÁIS INFORMACIÓN ENTRA NA PÁXINA DE GALICIENCIA CLICANDO NA IMAXE

GALICIENCIA 2




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.