Imaxe de cabeceira
Noticias
Entrega dos certificados B1 en Lingua portuguesa

O venres, 30 de setembro, tivo lugar a entrega dos certificados B1 de Lingua Portuguesa. O alumnado de Lingua portuguesa que se presentou ás probas de certificación do Instituto Camões acadou o nivel B1 e o pasado venres, a Coordinadora do Instituto Camões en España e a responsable do Camões en Vigo asistiron á entrega dos títulos.

No acto, á parte do alumnado de Lingua portuguesa, e as representantes do Instituto Camões participaron a alumna Celia Arcos, o director do IES Félix Muriel, a Coordinadora do Camões, Filipa Soares, a responsable do CCP Camões de Vigo e a profesora do Camões no IES Félix Muriel, Anaisa Esteves.

Ao longo do acto, destacouse a importancia da aprendizaxe da lingua portuguesa tanto pola relación existente entre a lingua galega e portuguesa, como polas portas que abre de cara ao mundo a aprendizaxe dunha lingua falada por millóns de persoas en todo o mundo e oficial en países de Europa, América e África.

Cómpre felicitar a todo o alumnado que se presentou ás probas xa que acadaron o nivel B1 en todas as competencias, grazas ao seu esforzo e traballo e á implicación do profesorado de lingua portuguesa. Estes resultados animan a continuar neste camiño co fin de que o noso alumnado remate a ESO e/ou o Bacharelato co certificado B1 en portugués, o cal está recoñecido a nivel internacional.

Parabéns a todas as alumnos e alumnos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.