Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Arrancou a SEMANA 25N 2017

Hoxe luns, 20 de novembro arrancaron as actividades da SEMANA 25N2017. Comezamos coa recollida de roupa para facer unha intervención no centro. Durante toda a semana imos ir colgando pezas no corredor principal  manchada de tinta vermella (simbolizando o asasinato machista) ou rachada (violencia machista) ou tal cal a deixaron nos roupeiros as mulleres que xa non están e non a van volver vestir.

Tamén comezamos co inicio de proxeccións de curtas e músicas contra a violencia machista no corredor. Deixámosvos os enlaces de todas elas:

Cada día da semana está dedicado a traballar un aspecto, o luns os micromachismos, o martes o sexismo, o mércores o machismo e o xoves o feminismo. Xa o venres imos ter diferentes actos  no centro, que van desde un par de actuacións de Soledad Felloza para o alumnado de 1º e 4º ESO, ata a lectura dun manifesto que están elaborando alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e que se vai ler diante do Grafiti contra a violencia machista que xa está preparado nunha parede do patio.
RECURSOS PARA UTILIZAR :

Micromachismos:

Sexismo

Machismo

Que é o machismo?

FEMINISMO

Que é o feminismo?




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.