Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá
A primeira gaiteira profesional fala no Parlamento

Foto tirada da exposición “Ruando Rianxo” de Óscar Reboiras e Xoán Antón Castro

Con motivo da celebración o 8 de marzo do día da muller homenaxearon no Parlamento galego a doce mulleres que por unha razón ou por outra romperon os esquemas da sociedade facendo cousas que tradicionalmente non realizaban as mulleres. Unha delas foi Maruxa Miguéns, a primeira gaiteira profesional de Galicia

Maruxa Miguéns é de Asados e toca no grupo Os Rosales, que goza dun gran prestixio no mundo da música tradicional, co seu home Xosé Romero  Na súa intervención rememorou anécdotas que viviu nos anos 60 cando o grupo se lamentaba de que non puidera tocar con eles nada mais que nos ensaios. Pero Maruxa decidiu tocar tamén nas actuacións, e a primeira vez que o fixo o público exclamou:” Mirade! Un gaiteiro vestido de muller!” Noutras entrevistas tamén comentou que o feito de ser gaiteira levou consigo moitas críticas, porque moitos pensaban que tiña que quedar na casa coidando dos fillos, en lugar de pasar case todo o verán de festa en festa tocando. Non se arrepinte para nada de enfrontarse ao ideal de muller que imperaba naquela época e séntese satisfeita e orgullosa de ser gaiteira, e de selo porque quere e porque disfruta ca música.

Na actualidade non é tan estraño atopar mulleres gaiteiras, tamborileiras, acordeonistas ou bombeiras e non se critica a ningunha muller por querer dedicarse á música. Creo que está completamente normalizada a presenza das mulleres nos grupos de música tradicional, de feito nunha das agrupacións de música tradicional de Rianxo hai o mesmo número de alumnas matriculadas en gaita que alumnos. Isto confirma que se avanzou moito neste ámbito dende os anos 60. Grazas ao valor de Maruxa Miguéns e de moitas outras mulleres que decidiron loitar pola igualdade, hoxe podemos ser mulleres gaiteiras sen que a ninguén lle sorprenda.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.