Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Rosalía de Castro “anima dorida” e “estranxeira na súa patria”.

índiceA imaxe de Rosalía e unha imaxe que viviu e vive terxiversada a propósito. Isto débese a que non se xulga a obra rosaliana en si, senón que máis que a obra o que se xulga é a vida da autora. A propia Rosalía acabou impoñéndose a si mesma o calificativo de “ estranxeira na súa patria” debido, en gran medida, ao desprezo que sufriu na súa época por parte da sociedade. Tanto foi o pouco valor que lle deron que incluso chegaron a considerar como autor da súa obra ao seu marido, M. Murguía.

Rosalía é a primeira autora do Rexurdimento pleno grazas á súa obra Cantares Gallegos en 1863. Talvez este sexa un dos motivos polos que se intentou mostrar a Rosalía como unha muller resignada, chorosa e folclórica que plasmou todo isto nas súas obras xa que, nun mundo completamente de homes, Rosalía foi quen de destacar grazas, en parte, á decisión de súa nai de mandala ao Liceo compostelán a formarse como os xoves da súa época e non como lles tocaba ás mulleres, ás quea só se lles ensinaba a coser.

Rosalía é unha muller que toma conciencia da situación na que se atopa Galicia con respecto ao Estado Español, cando vai, moi nova, a Madrid, e decide marcar as bases para unha literatura en lingua galega. Ese labor seu levou a persoeiros coma Azorín a considerar a Rosalía como a precursora da revolución métrica e ideolóxica levada a cabo por Ruben Darío.

O que está claro é que Rosalía foi unha grandísima escritora que marcou un antes e un despois coa súa obra. Pois, aínda que a vida de Rosalía poida estar marcada por un nacemento ilexítimo, unha figura paterna ausente ou unha primeira formación na aldea, o que de verdade conta é o obxectivo e importancia que tivo a súa obra pois, apreciada ou non, valorada ou non, Rosalía intentou que o pobo galego tomase conciencia da súa situación e volvese en si dun sono no que levaba moito tempo durmida.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.