Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Intercambio en Rianxo

Aida, Aldara e María

IMG_20140507_110508O pasado 7 de maio, recibimos no IES ao alumnado de Burela que participa con nós no intercambio. Cando chegaron ensinamoslle o centro e logo subímolos o salón de actos onde lle  interpretámos  A Rianxeira e Lela, e contámoslle o traballo que realizamos durante os cursos nos que leva activo o actual  Equipo de Normalización. Tamén participaron alumnos e alumnas do IES Perdouro lendo textos de escritores de Rianxo que fan referencia a lugares concretos da nosa vila, lugares que despois visitamos.

Ao saír do centro comezamos a andar cara á praia de Tanxil onde lle contamos un pouco a historia sobre o Pazo de Baltar, despois levámolos a onde se sitúa a nova imaxe da virxe da Guadalupe e dende alí baixamos ao peirao onde lles ensinamos o antigo campo de concentración e tamén lles explicou Don Xesús Costa un pouco da súa historia e lles regalou un libro para a súa biblioteca. Cun sol que non esperabamos ás 2 da tarde fixemos un percorrido rápido polo centro da vila. Amosámoslles cada unha das casas dos escritores rianxeiros máis destacados e continuamos a ruta polo paseo marítimo ata a praia da Torre. Polo camiño aproveitamos para contarlles a historia do Castelo da Lúa e ensinarlles as poucas ruínas que nos quedan del.

IMG_20140507_150335O xantar permitiu un momento de relax e convivio entre uns e outros. Lolita a limpadora tivo un detalle moi bo para cos nosos visitantes, pois preparoulles unha fonte de xoubiñas de Rianxo fritas, acompañadas de cachelos e boroa (pan de millo)… E chuparon os dedos!

Finalmente volvemos á vila camiñando de novo polo paseo marítimo e achegámonos a diante do monumento de Dieste para despedírmonos. Alí os de Burela recitaron uns poemas e déronnos uns agasallos.

Unha xornada magnifica! Grazas por virdes! Aquí vos queda a galería de imaxes.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.