Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Club de lectura Ex Libris
Menú de enganos

menuEstamos lendo o noso segundo libro, Menú de enganos, de Manuel Núñez Singala.

Queremos comentar dous relatos que nos gustaron moito:”O tobo” e “O inhalador”.

No primeiro deles, o “Tobo”, o protagonista é un rapaz que se fixa nunha rapaza que chegou nova á súa escola. Isto sucedeu hai moitos anos, na época de Franco, cando se separaba o alumnado por sexos nos colexios. A nena sempre levaba un vestido que non lle gustaba ás súas compañeiras, feito que provocaba que se burlasen dela.

Un día empuxárona contra o cristal dunha fiestra e esta rompeu, como non tiña diñeiro para pagar o cristal quedou castigada no “tobo” todo o curso. O tobo era unha especie de aula de convivencia parecida á que temos no instituto pero moito peor ca a de agora, porque era un lugar pequeno, escuro, cunha porta de metal que rinchaba e non entraba a luz do sol, parecía un cuarto de contadores.
Ao protagonista deulle pena e decidiu pagarlle o cristal para que a sacasen do tobo. Meteulle o diñeiro por debaixo da porta pero ela en vez de pagar a ventá comprou un vestido novo e seguiu no tobo.

Sorprendeunos moitísimo o final a todos porque pensabamos que ía pagar a multa e saír do tobo, nunca se nos ocorrera que o vestido fora tan importante para ela, aínda que pensándoo ben o vestido fora a causa de entrar no tobo.

O “inhalador”  ten como protagonista a unha señora que tiña medo a voar e que montou nun avión para regresar de La Habana. Deuse conta de que faltaba a súa colega Helena, feito que parecería que a angustiaba, pero o que realmente a tiña afogada era o medo que lle tiña ao avión.  Cando arrancou o avión quedou máis tranquila porque se convenceu de que  Helena estaría morta no seu cuarto debido a un inhalador que ela lle dera envelenado, mais non foi así porque cando ela xa tomara o seu inhalador saíu Helena do baño, polo tanto o seu era o envelenado.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.