Un ano máis abrimos as portas do noso seminario, acendemos os ordenadores, collemos papel e lapis e comezamos a actividade no Equipo de Normalización Lingüística do noso I.E.S. rianxeiro.
Despois dun verán relaxante para os que aprobamos todo e, á vez, cheo de strés para aqueles que suspenderon e son víctimas da Gripe A, da crise e da resaca da Guadalupe, aquí volvemos con máis ganas que nunca de preparar artigos, entrevistas, proxectos…, rematar traballos comezados o ano pasado e elaborar campañas como a do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Uxío Novoneyra.
O obxectivo que perseguimos os máis de cen alumn@s e profesorado do Equipo é empregar o galego en ámbitos como o da comunicación, chegando así a moita xente, e desa maneira normalizar o seu uso.
Axúdanos a cumprir con este propósito como alumn@ ou profesor/a galeg@ que es. Pódeste apuntar no Equipo e participar coas túas obras (artigos expositivos, de opinión, de crítica…o que che dea a gana).
Rógase tamén a tod@s que deixedes comentarios no blog que temos (O Castelo da Lúa) sobre o que opinades do noso traballo.
Dende aquí desexámosvos un bo ano e que estudedes moito!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]