Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A física de partículas en lingua galega

 

Conferencia 4O pasado mércores, 27 de novembro, no marco do “Mes da ciencia en galego”, o profesor da USC Carlos Salgado veu ao noso IES falarnos sobre física de partículas. En galego. Alí estivemos todo o alumnado de física de 1º e 2º de Bacharelato.

Crónica de Ana Alcalde (2º Bac. A)

Conferencia 1Carlos Salgado expuxo na conferencia  algunhas das investigacións que se realizaron ata o de agora no CERN en Xenebra.

En primeiro lugar, explicounos como se levaba a cabo unha investigación, para o que empregou referencias a personaxes televisivas que todos coñecemos e que amenizan a explicación. Na miña opinión, é un gran método para facilitar a memorización do que se nos quere transmitir. En resumo, a investigación segue estes pasos: Un físico teórico chega, mediante numerosos cálculos, a unha conclusión que pretende demostrar, para isto, fala cun físico experimental que á súa vez se porá en contacto cun enxeñeiro encargado de poñer en marcha a tecnoloxía necesaria para levar á práctica a conclusión teórica.Conferencia 6

Este método é o que se emprega no LHC (Large Hadron Collider) ou colisionador de partículas. O LHC é o máis longo na actualidade, máis existen varios colisionadores complementarios de menor tamaño. O papel fundamental do LHC, unha especie de enorme tubo, é como ben indica o seu nome, facer colisionar, é dicir, chocar unhas partículas con outras para que deste modo se dividan nas súas partes fundamentais, que serán captadas por uns receptores especializados para cada tipo de partícula. Porén, estás colisións só se poden producir nuns determinador lugares, xusto onde o LHC describe unha curva provocada por un enorme imán. No referente a isto, considero que a comparación co xogo do billar esclareu bastante as nosas dúbidas a cerca do funcionamente do LHC.

Grazas ao traballo levado a cabo no CERN, chegamos a coñecer o que ata o de agora se consideran as partículas máis pequenas que conforman a materia, os quarks, que xunto aos bosóns que os unen, os gluóns constitúen unha especie de plasma que se corresponde co estado que presentaba a materia entre 20 e 30 microsegundos despois do Big Bang.
Conferencia 3
Malia todo o que se avanzou no ámbito da física cuántica grazas ao traballo de científicos como Carlos Salgado, aínda queda moito por coñecer, como a materia escura, que como ben expuxo o profesor, continúa sendo un total misterio para nós na actualidade.

Conferencia 2

 

 

 

 

 

No seguinte artigo está colgado o vídeo da intervención

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.