O pasado 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas, que este ano foi adicado a Valentín Paz Andrade, visitou o noso instituto Serafín Marcos, que nos mostrou máis de cerca o galardonado.
Non é soamente que nos contara cousas importantes da súa vida, senón que ademais fíxoo facéndonos rir, o que implicou que a aprendizaxe fose entretida, e que nos serviu para coñecer un pouco máis a Paz Andrade.
Non nos contou nada que non dixeran na clase, pero grazas ao modo no que o fixo seguro que agora todos teremos sempre unha pequena imaxe del.
Na súa montaxe,Serafín Marcos quería saber da vida de Valentín, que ata ese momento lle era bastante descoñecida e para facelo, en primeiro lugar chamaba a súa nai que morrera cando o escritor tiña tan só oito anos, polo que só tiña recordos da infancia de Paz Andrade.
Tamén falou logo co seu tío, Xosé Fernández, que tivera unha gran influencia nel e que foi quen lle presentou a Castelao. Chamou así mesmo ao seu fillo, que non parecía ter moita información de seu pai.
Falounos tamén da súa estancia no cárcere, e dos motivos polos que pasou este tempo na cadea, dos seus estudos, da súa vida de empresario, do xornal que el mesmo creou, da revista Industrias Pesqueras, das súas obras e da axuda que lle deu a moitas persoas que escaparon de Galiza por motivos políticos.
Para finalizar, recitou un poema de Paz Andrade, acompañado da melodía dunha guitarra e facendo unha reflexión de como na época doutros escritores podías acabar nunha celda ou morto por escribir o que pensabas ou simplemente por defender a liberdade.
PARA MÁIS INFORMACIÓN DE PAZ ANDRADE:
http://valentinpazandrade12.blogspot.com.es/
http://www.valentinpazandrade.es/
http://wn.com/Serafin_Marcos http://wn.com/Serafin_Marcos
http://i4.ytimg.com/vi/SqHzbANC9tE/hqdefault.jpg
SerafÃn Marcos representa a vida de ValentÃn Paz Andrade
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]