Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Letras Galegas no IES Félix Muriel

O pasado 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas, que este ano foi adicado a Valentín Paz Andrade, visitou o noso instituto Serafín Marcos, que nos mostrou máis de cerca o galardonado.

Non é soamente que nos contara cousas importantes da súa vida, senón que ademais fíxoo facéndonos rir, o que implicou que  a aprendizaxe fose entretida, e que nos serviu para coñecer un pouco máis a Paz Andrade.

Non nos contou nada que non dixeran na clase, pero grazas ao modo no que o fixo seguro que agora todos teremos  sempre unha pequena imaxe del.

Na súa montaxe,Serafín Marcos quería saber da vida de Valentín, que ata ese momento lle era bastante descoñecida e para facelo, en primeiro lugar chamaba a súa nai que morrera cando o escritor tiña tan só oito anos, polo que só tiña recordos da infancia de Paz Andrade.

 

 Tamén falou  logo co seu tío, Xosé Fernández, que tivera unha gran influencia nel e que foi quen lle presentou a Castelao. Chamou así mesmo ao seu fillo, que non parecía ter moita información de seu pai.

Falounos tamén da súa estancia no cárcere, e dos motivos polos que pasou este tempo na cadea, dos seus estudos, da súa vida de empresario, do xornal que el mesmo creou, da revista Industrias Pesqueras, das súas obras e da axuda que lle deu a moitas persoas que escaparon de Galiza por motivos políticos.

Para finalizar, recitou un poema de Paz Andrade, acompañado da melodía dunha guitarra e facendo unha reflexión de como na época doutros escritores podías acabar nunha celda ou morto por escribir o que pensabas ou simplemente por defender a liberdade.

PARA MÁIS INFORMACIÓN DE PAZ ANDRADE:

 http://valentinpazandrade12.blogspot.com.es/

http://www.valentinpazandrade.es/

http://wn.com/Serafin_Marcos http://wn.com/Serafin_Marcos

http://i4.ytimg.com/vi/SqHzbANC9tE/hqdefault.jpg

Serafín Marcos representa a vida de Valentín Paz Andrade



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.