Imaxe de cabeceira
Sabías que...
O galego en Londres

Os alumnos e alumnas de 3ºD puidémolo comprobar nunha videoconferencia que fixemos cuns alumnos desta cidade, concretamente cos do colexio Cañada Blanch.

Lede esta noticia e mirade o vídeo!

 O pasado xoves 26 de xaneiro, a clase de 3º D tivemos unha videoconferencia cun grupo de alumnos do colexio Cañada Blanch de Londres. Eles estaban aprendendo en galego e foi nesa lingua na que tivemos a conversación. Aínda que moitos eran galegos ou de familia galega, algúns naceran en Inglaterra ou eran do resto de España, pero falaban moi ben a nosa lingua, e algún, incluso coñecía Rianxo.

Pasámolo moi ben, e descubrimos que existen moitas máis persoas das que pensamos que falan galego no resto do mundo. O galego está en Galiza, pero tamén está en Londres, en China, en América…

Esperamos que o galego siga estando presente en moitos lugares do mundo e que teñamos máis videoconferencias como esta. Podedes ver o vídeo da videoconferencia.

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.