Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
IV CERTAME AUDOVISUAL DE CURTAS “ALBERTO ROMERO” (por Lía Seijas)

O Sábado 29 de Febreiro desenvolveuse no auditorio de Rianxo o IV Certame audiovisual de curtas “Alberto Romero”. Leváronse a cabo entregas de premios, actuacións musicais, e proxeccións das curtas premiadas.

Este certame naceu como unha iniciativa da ANPA dun instituto de Ribeira no ano 2016, para homenaxear ao traballo e dedicación social de Alberto Romero. Nel participaron asociacións e os institutos de Ribeira, Pobra, Boiro, e Rianxo.

Vanesa e Emilio foron os encargados de presentar o acto no que de cada vez se anunciaban tres curtametraxes nomeadas e só unha podía gañar, subían os actores e as actrices a recoller o seu correspondente premio e a continuación  proxectábase o curto gañador. Para facer máis amena a entrega realizáronse representacións teatrais e actuou unha banda de música acompañada de dúas voces femininas.

A Asociación de Amicos de Boiro realizou unha crítica cara as mensaxes machistas que escondían algunhas das cancións da actualidade,  xa que estas incitan ao sometemento da muller e ao poder do home rico sobre ela.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.