Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
A manipulación e os estereotipos presentes nos anuncios de GADIS (por Sergio Somoza)

Resultado de imaxes para: mola ser galego gadisOs spots realizados pola compañía de supermercados Gadis nos últimos anos nas datas próximas ao Nadal supoñen un achegamento a outras campañas publicitarias de moito éxito por parte do público como son a da Lotaría de Nadal. Todas elas, coa intención de que merquemos os seus produtos , apelan á conciencia da xente empregando os estereotipos. Por tanto, considero que a presenza deste tipo de elementos na publicidade de Gadis repercute enormemente na conciencia dos espectadores.

En primeiro lugar, debemos sinalar que se algo caracteriza a unha empresa é o obxectivo de vender os seus produtos nas maiores cantidades posibles. Teoricamente , todos e cada un de nós tras ver este tipo de anuncios deberíamos tomar unha decisión sobre que produtos mercar en función dos nosos intereses. En calquera anuncio comercial que podemos ver no noso televisor , ese concepto rómpese por completo, pero nos promulgados pola compañía Gadis (máis próximos a unha curtametraxe pola súa excesiva extensión) as consecuencias que sofren os espectadores e o condicionamento que implica cara as persoas é moito peor. De verdade queren ser controlados por empresas desta magnitude?

Por outra banda, cabe salientar a abundante presenza de contradicións nas campañas desta cadea de supermercados. No pasado 2019, o eslogan era ´´Ser galego mola´´, un eslogan moi paradóxico cando a única época do ano na que empregan o galego ou fan alusións á cultura galega é no Nadal, mentres os restantes once meses en todas as súas redes sociais o uso do español é o predominante. Moitos de nós somos inconscientes deste feito , imos ás súas tendas e os carteis están todos en castelán. É moi triste ter que dicir isto, pero de verdade non nos demos conta aínda que esta compañía pretende apelar aos nosos sentimentos para que compremos o seu produto , a súa marca?

En terceiro lugar, os estereotipos son un elemento que nunca faltou nunha campaña publicitaria da compañía betanceira ano tras ano. Todos aqueles que son recoñecidos polos turistas ou polos estranxeiros cando veñen á nosa comunidade:marisco, polbo , Camiño de Santiago, natureza e chuvia. Todo territorio ten aspectos culturais que en maior ou menor medida, os diferenza dos demais, pero a gastronomía non o é. Así mesmo, estar orgulloso de utilizar o diminutivo -iño como nos pretenden mostrar os impulsores desta campaña non é algo que sexa relevante dende un punto de vista cultural. Mais non é unicamente todo iso, esta campaña pretende mostrar frases utilizadas polos galegos cando non todo o mundo as emprega como ´´o verán remata cando apetece caldo´´. En consecuencia , todo isto só son a fase previa á apelación sentimental anual, neste caso á xente humilde traballadora cada día. Aínda que poida parecerlles incrible , están promovendo todo o contrario. Facendo referencias ao himno galego non lles interesa que o admiremos, senón unha mensaxe para que merquemos na súa compañía porque é a que máis nos representa cando non é así.

En definitiva, debemos pararnos a pensar unha vez que supón crer ver todas as campañas de Gadis.Non é cuestión de mercar ou non un produto, é de rexeitar por completo a presenza dos estereotipos existentes cara o noso pobo. Se mostramos maior interese por acabar con todos eles, a imaxe cara os galegos será realmente a que nós desexamos que sexa.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.