Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Ana Romaní, poeta e xornalista, ingresou na Real Academia Galega (por Antía Caamaño)

O pasado 6 de abril, Ana Romaní, unha poeta de Noia que é unha figura imprescindible do xornalismo cultural, entrou como membro da Real Academia Galega.

Os académicos falan da súa entrada na Real Academia Galega alabando a súa actividade cultural e na grandísima comunicadora que é. Por todo iso, o presidente da RAG, Víctor F. Freixane, fíxolle a entrega da medalla e diploma de académica de número.

Ana Romaní ocupa o posto que quedou vacante tras o falecemento de Xohana Torres, no 2017. Choca bastante que nomes femininos ocupen cargos tan importantes e máis cando un posto de tal importancia pase dunha muller a outra. Por iso Ana quixo reivindicar no seu discurso o labor moi importante dalgunhas mulleres, xa que ninguén o fai.

Na miña opinión, Ana Romaní é unha boa sucesora de Xohana Torres. Tivo un gran acerto ao decidir homenaxear, no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega ás mulleres que se encontran na sombra, pero que son imprescindibles, como a súa avoa Manuela, que foi unha das primeiras informantes que tratou a fascinación adolescente da nova académica pola figura da poeta noiesa María , María a fiscala recoñecida no Día das Letras Galegas.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.