Imaxe de cabeceira
Varia
Fenómenos atmosféricos (por Antía Caamaño)

Os últimos días houbo un gran número de inundacións ao longo de toda a península pero evitalas resulta case imposible.

Graínzo, neve, chuvia, tormentas, tornados e furacáns , todos eles fenómenos atmosféricos comúns. Terremotos, tsunamis son fenómenos naturais, así os denominan os meteorólogos, para eles só cambios na atmosfera ou cifras nunha pantalla, para os que os sofren son unha catástrofe, un trauma que marcará as súas vidas, a perda non só material dos seus fogares senón tamén a perda de algo que non se pode reemprazar, a súa familia e amigos, todos eles un número que veremos nas noticias desde os nosos televisores nas nosas casas. Que podemos facer para que isto non ocorra? Realmente podemos atenuar os efectos da nai terra?
Sen dúbida non parece nada sinxelo evitar un terremoto ou un tsunami pero si podemos e debemos previr á poboación pero non só iso, debemos educala, educala para que saiba como actuar, que saiba identificar a baixada do nivel do mar cando se produce un maremoto e que esta poida advertir a quen non saiba facelo, que saiban que cando se produce un movemento na terra se poden por exemplo poñer baixo unha mesa para que non lle caian escombros e que saiban que neses momentos a nosa vida non vale máis que a doutra persoa e que debemos axudala e non competir con ela a cambio da supervivencia.

Durante a historia fixéronse grandes descubrimentos respecto a temas relacionados con todo o que se refire á superficie terrestre, hoxe en días sabemos que baixo os nosos pés hai uns inmensos bloques de terra que reciben o nome de placas tectónicas e que nos extremos destas é onde se producen as catástrofes mencionadas con anterioridad. Estes coñecementos deberían ser un incentivo para que nestes límites de placas só se construísense edificacións que realmente puidesen soportar a forza destes fenómenos.

A axuda entre países é moi importante tras unha catástrofe como o tsunami que se produciu en Indonesia, onde todo o mundo estaba pendente do sucedido. Moitos países non só enviaron diñeiro senón que tamén enviaron todo tipo de material de primeira necesidade a parte de equipos de operativos especializados nestes fenómenos para buscar a xente desaparecida e curar a xente ferida; ademais moitos foron os voluntarios que voaron lonxe de casa para axudar a xente allea, polo simple feito de ser persoas, polo simple feito de ser irmáns.

En conclusión á pregunta sobre se somos capaces de dominar a natureza ou de atenuar os seus efectos a resposta sería si por moitos motivos, a educación é un deles unido a este está o coñecemento respecto o noso planeta e sen dúbida e seguramente máis importante a axuda entre todos para evitar que os efectos destes terribles fenómenos sexa maior.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.