Imaxe de cabeceira
Sabías que...
O machismo perdura na mocidade

Por Diana Ramos 

hay-salida-campana-k4n-620x349@abcActualmente pensamos que a o machismo encóntrase practicamente extinguido na xente nova e consideramos que só persiste en adultos e persoas maiores. Pero, en realidade, isto non é así e moitas veces as vítimas da mocidade están ocultas e outras moitas cren que non teñen un problema ca súa parella, a pesar de que esta controle e saiba en todo momento onde está ela.

  É verdade que ás veces o control non só o ten o home, senón tamén a muller. Pero a maioría das veces, polas actitudes machistas, é o home o que controla, coma se a muller fora unha nena e non soubera coidarse a si mesma. Ademais, esta actitude por parte do home mostra inseguridade na súa propia parella, o que é moi daniño para unha relación e a outra persoa encóntrase na maioría dos casos sen liberdade para poder facer o que queira.

  O peor é que estas condutas seguen nas persoas novas e un terzo tolérao coma se fose algo normal. A pesar de que a porcentaxe é menor que a das persoas máis vellas, segue sendo un número demasiado elevado para algo que implica posibles problemas para a muller dentro dun ámbito que debería ser seguro.

  Moitos non só toleran os ciumes, senón que os consideran unha expresión de amor. Pero esta normalmente leva ao control e impide á parella ver a amigos e incluso a familiares.

  En conclusión, o machismo segue sendo un problema que persiste e que pode acabar coa  parella ao considerarse o home como superior e líder da relación, cando ambos os dous deberían ter as rendas, pero sen controlar á outra persoa.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.