Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Proxecto Alimentación Diver-Sa

P1060398P1060484

 

O alumnado de ESO dos grupos 1ºB, 2ºC e 4ºA participamos en días pasados no proxecto Alimentación Diver-sá, que tiña como uns dos seus obxectivos, concienciar á comunidade educativa respecto dunha boa alimentación e a prevención de diversos trastornos da alimentación. Para isto, investigouse sobre os beneficios dunha dieta equilibrada e variada e a importancia de facer exercicio físico con regularidade.P1060481P1060466

Durante tres semanas fixéronse actividades que permitiron ao alumnado implicado  reflexionar sobre a importancia dunha boa alimentación. Finalmente, o martes día 6 de xuño  todo o material elaborado foi exposto no vestíbulo principal. Na actualidade, queda pendente a elaboración dun vídeo onde vai quedar reflictida  a experiencia, así como os productos elaborados, os resultados e as opinións  referentes a este proxecto.

A organización da actividade de presentación dos productos finais para a comunidade educativa, foi organizada en cinco grupos con distintas funcións que de contado empezou a coller forma: uns puxémonos mans á obra cos carteis e as fotos, outros  a escribiron textos para a radio, pouco mais tarde, sumáronse outros compañeiros e compañeiras para axudar a pegar carteis. No segundo recreo  a actividade ampliouse co reparto de froita fomentando deste xeito unha boa alimentación. Non había ninguén inactivo, había tanto traballo! Coa froita exposta e os carteis pendurados, aquilo xa comezaba a coller forma. Fixemos uns pequenos retoques e… FEITO!

 

Todo o alumnado desfrutou cooperando, participando e aprendendo moito en todo aquilo desenvolvido neste proxecto. A máxima satisfacción, foi  traballar en equipo para levalo adiante.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.