Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Os nosos autores
As cantigas de burlas

Claudia Rodríguez  (1ºBacharelato-B)

Deberíamos denominar ás Cantigas de Escarnio e Maldicir como Cantigas de Burlas?

Estas composicións considérase que están formadas por todo aquilo que non se atopa nas Cantigas de Amigo e Amor e nisto entrarían os textos de temática moral e política, as sátiras políticas, as maledicencias persoais, os prantos ou as parodias.

Non son máis que composicións satíricas e burlescas nas que os trobadores criticaban a sociedade e costumes da época. A diferenza entre as de Escarnio e Maldicir é que as primeiras empregan máis os dobres sentidos e palabras encubertas e as outras son moito máis directas; son estas as máis frecuentes para nós.

A interpretación destas cantigas pode chegar a ser difícil xa que se perde a forma de interpretación dos trobadores na que se incluían as burlas, as ironías, os dobres sentidos e as xesticulacións, moi importantes para a súa comprensión. Esta forma de representar as cancións naceu da concorrencia entre o sirventés provenzal e unha tradicións satírica autóctona que se relaciona co Entroido.
Foi moi ben acollida na época, pero a súa censura en Idade Contemporánea durou moito tempo, pois aqueles que as estudaban consideraban que os seus contidos eran moi obscenos e escabrosos. Mais son as que máis contido histórico abranguen sobre todo porque nos amosan a realidade na que se vivía e expresan moi ben a linguaxe que se empregaba.

En realidade, estas Cantigas máis que satíricas eran burlescas porque os trobadores o que pretendían con elas era facer rir ós seus oíntes non moralizar, polo que si poderíamos chegar a chamarlle Cantigas de Burlas. A intención, ben dita, antes era buscar a burla e con ela provocar a risa daqueles que as escoitaran.

A día de hoxe teñen unha gran revitalización a través de ensaios e estudos pero sobre todo a través da poesía contemporánea de denuncia ou da de mestura de xéneros e provocación. Tamén nos xéneros populares como é o caso da nosa ben prezada regueifa e incluso poderíamos falar de que se pode atopar na música actual vida doutros lugares como é o rap.

FONTE: A cantiga de escarnio e maldicir




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.