Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Celso Emilio Ferreiro (1912-2012)
Un tal arco

Arco de ferradura e basureiro,
friso vulgar, cacumen da impudicia ,
que esconde, baixo o nome de Galicia,
ó sapo, ó desleigado i ó logreiro.
Un volumen servil de hortera arteiro,
un gonoco inxerto en inmundicia ,
un envase fecal, unha ictericia,
un lercho cagallón palanganeiro.
Un ripio asnal, un fillo de malato,
un puto de burdel, un tahur lato,
un caco de feirón, un lendia prea.
Ista e a imaxen fiel do arco paleto,
doctor “honoris causa” analfabeto,
asombro da gavilla filistea.

Óscar lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.