Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Celso Emilio Ferreiro (1912-2012)
Conversa encol dun boi

- Disque, na súa tenra xuventú,
iste boi que ós galegos estercola
foi en Galicia á escola
i adeprendéu el soio a decir Múu.
- Non sexas, meu amigo, fabulista
e faime a gracia de facer memoria:
aquél que dixo múu na nosa historia
non era un boi, que era un burro flautista.
- O conto que che conto é a verdá
e ninguén torcerá a miña pauta:
o boi que dixo múu tería unha flauta
que soar poido por casualidá.
- En vista de que falas con firmeza
conveño en que o eu boi é mitolóxico;
un especimen raro fisiolóxico,
mixto de burro e boi na mesma peza.
Un estrano animal
que co seu múu asnal e corifeo
ampliou o solfeo
cunha moderna nota musical.
Por elo chegarán futuras datas
en que todos veredes
carteles coma iste nas paredes:
“Concerto en múu maior a catro patas.”

Adrián lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.