Imaxe de cabeceira
Sabías que...
2013 ou 10 anos da morte de Gregory Peck

Nacido no 1916 en La Jolla, en San Diego (California), viviu, tras o divorcio dos seus pais, longo tempo coa súa avoa, grande aficcionada ao cinema.

Comezou a estudar Mediciña, pero finalmente, logrou que a súa verdadeira vocación se fixera realidade, pois obtivo  unha beca na escola Neighborhood Playhouse, en Nova Yorke  onde estudaron coñecidos actores coma Steve McQueen, actices coma Diane Keaton ou directores  coma Sydney Pollac.

As súas primeiras actuacións foron en Broadway, pero no 1944 obtivo o seu primeiro papel no filme Días de gloria, que aínda que non conseguiu unha grande acollida, serviu para abrirlle moitas portas.  Coa súa seguinte produción As chaves do reino obtivo a súa primeira nominación aos Óscar.

Despois dese filme a súa carreira foi imparable. Protagonizou Recorda ou O proceso Paradine, dirixido por Alfred Hitchcock.  Tamén coprotagonizou Vacacións en Roma xunto a Audrey Hepburn, no que era o primeiro papel protagonista da actriz. El  mesmo prediciría o éxito de Audrey, ao negarse a que o seu propio nome aparecese en solitario no cartel, pois  Gregory Peck creía que Hepburn se convertiría nunha grande da pantalla.

Títulos coma Moby Dick ou As neves do Kilimanjaro avalano, ao igual ca un dos seus papeis máis recordados, o de Atticus Finch de Matar a un ruiseñor, que lle valería un Óscar no 1962. Este premio foi o único desta clase que recibiu polo seu labor profesional, mais no ano 1967 foille concedido o Premio Humanitario Jean Hersholt, outorgado pola Academia en recoñecemento da súa labor en causas solidarias.

 A súa vida persoal caracterizouse pola discreción, casado en dúas ocasións e amigo íntimo de Audrey Hepburn coa que colaborou tamén en diversas accións humanitarias.

 Gregory Peck, faleceu, deixando tras de seu un exemplo profesional e un grande exemplo solidario, que abarcou tanto a promoción da lectura coma unha forte oposición á guerra de Vietnam. O 2013 serve para rendir tributo a este mito do cinema

  Imaxe: Wikipedia.org




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.