Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Raios láser para estimular a formación de campos magnéticos

Nunha liña de investigación que ultimamente está rexistrado moita actividade demostrouse por unha primeira vez cómo un láser pode estimular a formación de campos magnéticos, similares aos que se pensa que estiveron involucrados na formación das primeiras galaxias.

 

Os resultados de esta investigación poderían axudar a resolver o enigma de cómo o universo adquiriu inicialmente o seu magnetismo.

Os campos magnéticos existen por todo o espazo galáctico e intergaláctico,así como en estrelas e planetas.Os campos magnéticos no noso sistema solar son importantes, xa que nos escudan dos efectos dañinos dos raios cósmicos,así contribúen a manter na Terra un escenario apto para a vida.

Non está claro cómo os campos magnéticos foron creados orixinalmente. Dende fai tempo,  fórmasen campos magnéticos sen necesidade dun imán ou electroimán naturais. Pero nunca,ata agora,se demostrara o proceso.

Un equipo de físicos, incluíndo a Bob Bringham e Alex Robinson do centro láser no Laboratorio Rutherford Appleton (do STFC) en Oxfordsihire, Reino Unido usou un láser de gran potencia para facer estalar unha vara de carbono, similar a mina dun lapis, mergullada en xeo gasoso. A explosión deseñouse para imitar a masa do plasma (un gas ionizado que contén electróns positivos) a partir da cal se formaron as primeiras galaxias.O experimento foi deseñado para poñer a proba da teoría do “Efecto de Batería de Biermann” a cal explica cómo se puideron formar os primeiros campos magnéticos do universo en sitios onde non existiran antes.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.