Imaxe de cabeceira
Deportes
Antón Paz Blanco. Deportista Galego de Vela

Nome completo          Antón Paz Blanco
Data de nacemento     8 de agosto de 1976
Lugar de nacemento   Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Altura                        175 cm.
Peso                          71 kg

 

É un regatista galego, campión mundial da Clase Tornado. Compite no  Real Club Náutico de Sanxenxo, habitualmente facendo parella con Fernando Echavarri.
Participou, aos 28 anos, nos Xogos Olímpicos de verán de 2004 realizados en Atenas (Grecia), onde conseguiu finalizar en oitava posición na Clase Tornado xunto a Fernando Echavarri, obtendo así un diploma olímpico. Nos Xogos Olímpicos de verán de 2008 realizados en Pequín (China), e xunto con Echavarri, conseguiu gañar a medalla de ouro nesta competición. En 2005 conseguiu, así mesmo, unha medalla de ouro no Campionato de Europa de vela .
Ao longo da súa carreira conseguiu dúas medallas de ouro no Campionato do Mundo de vela nos anos 2005 e 2007 .

Antón Paz posúe un gran palmarés tanto a nivel individual como a nivel de equipo:
2000 y 2001: Campión de España en Clase Tornado

2001: Terceiro clasificado na Semana Olímpica de Hyeres (Francia)

2001: Cuarto clasificado na Spa Regatta (Holanda)

2003: Cuarto clasificado no Campionato de Europa de Cagliari de Clase Tornado (Italia)

2004: Diploma Olímpico nos Xogos Olímpicos de Atenas de 2004 (Grecia)

2004: Número 1 do Ránking Mundial

2004: Campión da Copa de España

2005: Campión da Holland Regatta (Holanda)

2005: Campión do Mundo na Clase Tornado en La Rochelle (Francia)

2005: Campión da Semana Olímpica de Barcelona – Phâro Regatta (España)

2005: Campión de Europa en Vastervik (Suecia)

2005: Número 1 do Ránking Mundial nas Clases Olímpicas. Xuño – Decembro

2005: Campión da Christmas Race (España)

2005: Campión de España

2005: “ISAF Rolex World Sailor of the Year 2005″ (Singapur. Novembro)

2006: Campión do Campionato Continental Suramericano en San Isidro (Arxentina)

2007: Campión do Mundo na Clase Tornado en Cascais (Portugal)

2008: Medalla de Ouro Olímpica na Clase Tornado nos Xogos Olímpicos de 2008 (China)

 Os irmáns Antón e Carlos Paz participarán na moladidade de 49er. na olimpiada de Londres 2012

Daniel Ces 1ºBach-B e Rodrigo Castiñeiras 1ºBach-C



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.