Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Semana cultural das Letras Galegas no noso IES

Desde o luns 11 ata o luns 18 de maio vaise desenvolver a Semana cultural das Letras Galegas que organizamos desde o ENDL.

A Semana cultural deste curso 2008-2009, comezará  o luns 11 coa charla do profesor Luís Aldegunde sobre o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Desenvolverase na última hora de clase do luns pola tarde e baixo o título: Quen foi Ramón Piñeiro? pretende achegar a figura do fundador de Galaxia ó alumnado de 1º de bacharelato. O relator apoiará a súa exposición cun vídeo feito por el no que mostra os datos máis importantes da vida do homenaxeado e mais unha breve introdución á súa obra. Está aberta tamén a pais e demais membros da comunidade que estean interesados.

O ENDL quere recordar que tódalas actividades teñen como destinatarios grupos pechados do alumnado por cuestións organizativas do centro, pero están abertas a todas aquelas persoas de fóra do centro que estivesen interesadas en asistir.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.