Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Estudantes de París e do Bierzo visitan Galicia

Mes de abril de 2009.

120 mozos do Centro de Estudos Galegos da Universidade de París e de colexios e institutos do Bierzo chegaron a Galicia para coñecer máis o dioma e a cultura que estudan. As viaxes están organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Marisol López, secretaria xeral en funcions informounos na primeira xornada dos proxectos que está levando a cabo a Xunta para fomentar o uso do galego nos distintos ámbitos da sociedade.

Os mozos e mozas participantes desprazaranse a Vigo para visitar as illas Cíes, Allariz, Ribadavia, Ourense, O Incio, Seoane do Courel, Lugo, Costa da Morte,e tamén irán ó Museo do Pobo Galego e á capital de Galicia.

Os 113 estudantes de galego do Bierzo, acompañados por dez profesores e pertencentes a doce centros educativos, visitarán zonas como Celanova, O Morrazo ou Viladonga. As dúas estancias buscan que os mozos se acheguen á realidade lingüística e cultural de Galicia; facilitarlles o contacto directo coa lingua e cultura da comunidade, e mostrarlles algúns dos expoñentes máis destacados do patrimonio arquitectónico e natural.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.