Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
Ferve na rede, o concurso de microrrelatos eróticos

“Ferve a rede” é un concurso de microrrelatos eróticos que desenvolve a páxina de novas de galiza Vieiros.
Os interesados en participar na edición 2009 , poden comezar a enviar os seus microrrelatos eróticos xa , debido a que o prazo de apertura tivo lugar o pasado 10 de marzo.

Para poder enviar un relato ou para votar por eles , hai que estar rexistrado en Vieiros, e cada usuario pode enviar un máximo de tres textos. Este ano aumentouse o número máximo de caracteres dos relatos (690). O gañador/a será elidido , por un xurado, que se reunirá a partir do 24 de abril (último día no que se admitirán relatos). O segundo premio sortearase entre todos os participantes.
 
Os premios da nova edición mudan con respecto os do ano pasado. Cando no 2008 se agasallaba con unha viaxe a Venecia , este ano o destino será Bruxas ( Flandres-Bélxica , cidade moi fermosa e romántica , coñecida como a Venecia do norte , pola beleza dos seus canais). A viaxe inclue a estadía no Hotel Pand (4 estrelas) , onde a parella disfrutará de todas as comodidades ( almorzo , champagne, unha cea romántica e un paseo en barco polos canais).

Non se debe desprezar o segundo premio xa que é case tan bo como o primeiro, o pasado ano era unha fin de semana nunha casa rural na parroquia de Sexo(Agolada) , nesta ocasión o destino é a romántica vila de Amarante (norte de Portugal) , nas ribeiras do río Támega. A parella pasará a viaxe na Casa da Calçada , e tamén disfrutarán dunha serie de comodidades ( incluíndo nestas un almorzo, cea e ‘tratamento VIP’ ).

 
-Se estas interesado no concurso , ou tes algunha dúbida sobre o mesmo , todas as respostas en www.vieiros.com.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.