Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Exposición “A Europa das linguas”

Dende o luns 16 de marzo ata o 3 de abril de 2009 no noso centro de ensino, o IES Félix Muriel, contaremos coa exposición "A Europa das Linguas" que con anterioridade pasou por outros centros educativos  ou culturais de todo o territorio galego. Agora, por primeira vez, chegou á nosa comarca, da man de varios centros que formamos parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Barbanza, do que o noso ENDL forma parte, que organizan esta exposición promovida pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG).

Nesta exposición que estará situada no espazo de entrada do IES, poderemos observar 40 paneis ilustrados con fotografías, debuxos e gráficas a toda cor. A información que achegan fai un percorrido polas lenguas de Europa para cegar a compara a situación da lingua galega con outras linguas.

Todo o alumnado do centro visitará nalgunha sesión do seu horario lectivo esta exposición. Para a súa maior comprensión e análise contarán cunha unidade didáctica para traballar estes contidos relacionados coa sociolingüística. O lugar onde se expón –a entrada do IES- permítelles tamén afondar no seu estudo no tempo de lecer.

 

Desde o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel queremos convidar aos pais e nais do alumnado, e ó resto dos cidadáns do concello, a visitar esta exposición que cremos de grande interese.

 





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.