Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Visita á facultade de filoloxía. Opinións

Despois de ler o artigo anterior que describe a saída a Santiago que realizou o alumnado de portugués do IES Félix Muriel para asistir a unha clase de portugués, podedes ler agora as súas opinións.

O xoves pasado fomos de excursión á facultade de filoloxía. En contra do que pensaba, foi unha visita bastante entretida, xa que estivemos nunha clase cun profesor de portugués. Demos unha clase normal da materia e entendeuse ben, a pesar da velocidade que tiña o profesor ó falar (era de Sao Paulo) e estivemos falando con alguns alumnos da facultade. En resumo, unha boa mañá.
Héctor Matilla Mosquera

Na visita á facultade puidemos ver como está estruturado o edificio e as actividades do alumnado, os seus horarios, etc. Na aula de portugués, impartida por un profesor brasileiro, lemos un artigo dun xornal brasileiro. A clase desenvolveuse ó redor deste artigo e foi moi fácil de seguir a pesar do idioma. Aínda que soe estraño, do que máis disfrutei foi da clase de portugués.
Jacobo Abeijón

A nosa visita á facultade de filoloxía estivo moi ben. Ensináronnos a biblioteca, o salón de actos e tivemos unha clase de portugués. O profesor, brasileiro e moi simpático, tratounos como alumnos de todo o ano e deunos unha ficha coa que estaban traballando os matriculados.
Maica González

A visita á facultade de filoloxía, creo que foi unha visita que serviu moito para coñecer as instalacións, a súa facultade, a súa biblioteca, salón de actos… e por última para coñecer como da unha clase, nunha facultade. Creo que para o futuro nos vai servir de moito.
Carlos Lorenzo Calvo.

A visita estivo moi ben. A clase de portugues estivo xenial, entendíase case todo e o profesor era banstante simpático. A facultade era algo fea, pero tiña boas instalacións, aínda que a profesora que nos ensinou a facultade non explicaba moito, polo resto,todo ben. Estaría ben repetilo.
Ismael Ordoñez Rey

Foi unha visita interesante na que puidemos ver as distintas instalacións da facultade. As que destacaría, porque me chamaron máis á atención, son a biblioteca e mais as aulas.
A clase que tivemos na aula gustoume, por unha parte porque o profesor estivo falando seguido portugués e entendíase perfectamente; pero, por outra parte, non me agardou a maneira de explicar a temática, era moi pouco amena. Aínda así, repetiría a experiencia.
Alba Campaña Resúa

Quedei moi contenta coa visita á Facultade de Filoloxía, foi moi interesante. Ademais, foi a primeira vez que fixen unha visita a unha universidade. O mellor foi asistir á unha clase de portugués que resultou ser moi educativa e divertida.
Lucía Vicente

Penso que foi interesante e divertido e ademais quedei moi contenta porque puden comprender o que o profesor brasileiro decía. Tamén puidemos coñecer as instalacións da facultade, sendo a biblioteca unha das cousas que máis me impactou pola impresionante cantidade de libros.
Alba Figueira

A visita a Facultade de Filoloxía foi unha boa experiencia, posto que foi unha nova maneira de ver como se desenvolven as clases de portugués, e de como o profesor( que era brasileiro) se lle entendía moi ben, creouse un ambente agradable e ameno. A min resultoume moi interesante posto que vin como se realiza unha clase nunha Facultade, e ademais, lonxe do ambiente do instituto ao que estou acostumada.
Tamara Miguéns

Para min, ir á facultade de filoloxía foi unha boa experiencia, xa que nunca fora a unha facultade. Deume unha boa impresión, e o profesor era moi simpático e entendíaselle ben. Se todos os profesores e todas as clases son como á que fomos, seguro que é moi fácil estudar alí.
Raquel Figueira

A excursión á facultade da semana pasada pareceume moi interesante. A clase que tuvemos con un profesor de Brasil, pareceume moi interesante. E sentinme ben ó entenderlle con facultade. Pareceume interesante.
Bárbara Costas

Penso que foi moi boa idea ir á excursión. Paseino xenial, ainda que habia cousas que non lle entendia ao profesor. Gustoume moito ver como é todo iso e saber como son as aulas e todo.
Clara Suárez Somoza.

A visita a facultade de Filoloxía encantounos, entendiamos o profesor que era brasileiro e visita a biblioteca a impresounos porque na nosa vida viriamos tantos libros xuntos. A clase pasounos voando, gustarianos repetir.
Fatima e Eva




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.