Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
CORRELINGUA 2009: en galego!

O Correlingua, carreira a favor da lingua galega, corre a cargo da Asociación Socio Pedagóxica Galega a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, xunto cos concellos de Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Santiago. Ademais conta coa colaboración de diferentes organismos do goberno galego e outros concellos de Galiza.

 Os participantes nas distintas modalidades foron arredor de 300 centros de ensino infantil, primario e secundario. Os traballos foron de grande calidade. O concurso de banda deseñada convócase entre grupos de Educación Infantil e Primaria, e o de manifesto entre o grupos de secundaria e bacharelato.

Este ano 2009 o finalistas da modalidade  de Banda deseñada , do Correlingua foron os alumnos de 3º de Primaria do CEIP Labarta Pose de Baio, Zas; e o de 5ºB de Primaria do CEIP A Xunqueira nº1 de Pontevedra. No Manifesto os finalistas foron o alumnado de 4º da ESO do CPI da Ponte Carreira, Frades; e o de 3º da ESO do IES Agra de Leborís da Laracha.

Os gañadores na Banda Deseñada foron os alumnos de 3º de Primaria do CEIP O Piñeiriño de Vilagarcía de Arousa, en canto os gañadores do manifesto foron as alumnas e alumnos de 4º da ESO do CPI de Panxón (Nigrán).

Os gañadores e finalistas de Banda Deseñada  como premio terán a participación no proxecto Terra organizado polo Colexio de Arquitectos e movementos de renovación pedagóxica e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega. No caso dos gañadores e finalistas do Manifesto,  todos participarán nas actividades do programa VIVE organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta de Galiza.

 

O traballos foron elaborados  partindo do lema Correlingua 2009: En galego!. O Manifesto gañador será lido nas catorce marchas a favor da lingua galega , que comezarán en Vigo e rematará na Coruña e terán lugar do 5 o 15 de maio o longo de Galiza.

 





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.