Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / Música galega actual
II Certame Galego de Bandas de Música

 

O venres 21 de novembro celebrouse o segundo Certame de Bandas de Galicia, no que participaron seis bandas, entre elas, a banda da Escola de Música de Rianxo, que ademais gañou o primeiro premio.

No escenario percibíanse nervios, tensión, pero sobre todo, escoitouse boa música.

A xente da vila de Rianxo, sentada entre o público, animaba á nosa banda.

Mentres os xuíces deliberaban houbo cantares e berros de ánimos para os músicos de todas as bandas participantes. Cando por fin deron os premios desapareceron todos os nervios e a xente de Rianxo sentiu unha gran satisfacción, por parte da nosa banda de música, xa que conseguimos a GRAN VITORIA e un aplauso por parte do público e dos xuíces.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.