Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Broadway Station

O día 3 de decembro fomos a Santiago a ver unha obra chama “Broadway Station”.

Ás 8:30 todas as clases de bacharelato collimos o bus para Santiago. Chegamos alí ás 9:40 máis ou menos. Chegamos cedo, así que fomos almorzar a un bar antes de que comezara a obra.

A representación era no “Teatro Principal”. Aínda que a maioría chegamos puntuais, algúns tardaron máis da conta co almorzo. No momento en que apareceron empezamos todos a aplaudir, incluso os da Estrada cos que compartimos o teatro.

A obra foi entretida. Só había catro actores, dous homes e dúas mulleres, que facían todos os papeis. Contaba a historia de catro actores principiantes que tiñan o mesmo sono; converterse en estrelas de Hollywood. Eles eran uns pésimos actores, así que Miss Applegate, a que dirixía a selección, botounos fóra. Aínda así, eles non renunciaron ó seu sono, senón que formaron un grupo entre os catro, dirixindo as súas propias obras.

Unha era a historia de amor entre un cangrexo e unha serea. Eles queríanse moito, mais seus pais non permitían que estivesen xuntos. Un día a serea foi raptada para levala a un circo, pero o cangrexo rescatouna e, sen ter porqué, comezaron a discutir e acabaron separándose.

Ó final eles fixeron realidade o seu soño e chegaron a Hollywood cun musical ó estilo de Cabaret.

Unha vez rematada a función os actores presentáronse e puidémoslle facer preguntas. A compañía de teatro chamábase Front Stage, contáronnos que viñan todos de fóra, de Los Ángeles e de Australia, que levaban arredor de cinco anos naquel grupo de teatro e que esa obra preparárana só en tres meses.

Logo saímos do teatro e tivemos tempo libre para ir dar unha volta por Santiago. Despois, arredor da unha, collemos o bus de volta á casa.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.