Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Intercambio co IES Perdouro de Burela

María, Aldara, Aida e Tofik

entrada do IES PerdouroO pasado luns día 28 de abril fomos, o alumnado do noso IES, ao instituto Perdouro de Burela para realizar a actividade do Intercambio que vimos facendo tradicionalmente.

Aquí vos deixamos a nosa crónica (con enlace á gravación do programa de radio feito en directo durante a actividade)

Intercambio Burela ida 3
Intercambio Burela Ida 1Saímos do instituto  ás 8:44 e chegamos ás 11:30 a Cervo. Ao chegar alí fomos ver a un orfebre (Estéfano Gudín) que nos explicou como facer cerámica con barro. E ademais escoitámolo falar coa variante da súa zona (o galego asturiano). Logo ensinounos unha sala onde tiña diferentes pezas xa preparadas para a venda e agasallounos con algunhas delas.

 Bernardo Penabade explicando, na entrada de Sargadelos, o significado do mural

Bernardo Penabade explicando, na entrada de Sargadelos, o significado do mural

Despois fomos ver o edificio da coñecida fábrica de Sargadelos onde vimos unha ampla exposición de cerámicas xa preparadas para vendelas. pero antes diso o noso guía Bernardo contounos a historia de Sargadelos e vimos tamén unha mostra dos seus produtos, que xa case non se fan nesa fábrica.

Deseguido collemos o autobús para ir ao instituto Perdouro, onde nos agardaban os alumnos listos para facer un programa de radio en directo.Radio na biblioteca de burela E alí estivemos participando nun programa especial e en directo “DE BURELA A RIANXO A TRAVÉS DAS ONDAS!” dende a biblioteca do IES. Algúns de nós tivemos a sorte de poder participar e tocamos algunha peza musical, e recitamos poemas galegos en colaboración co alumnado de Burela.

IMG_20140428_133304

IMG_20140428_131931

IMG_20140428_143945

Despois de rematar o programa e recoller todo, saímos a pé cara a unha área recreativa perto do mar, onde comemos, falamos e nos coñecemos ata á hora de marchar de Burela.

IMG_20140428_175640 Pero para nós aínda non remataba a visita e antes de viaxar ata Rianxo paramos en Mondoñedo, onde  un guía excepcional – o profesor e escritor Ramón Reimunde- nos ensinou a vila.  Ao respecto da visita a esta vila quizais vos sorprenda que  tamén nos levaron ao cemiterio, e a razón é que alí vimos as tumbas de  Pascual Veiga, de Álvaro Cunqueiro e a de Leiras Pulpeiro (fóra dos muros), todas elas con fermosos epitafios. Tamén nos contaron un pouco da vida e obra de cada un destes persoeiros ilustres da nosa cultura.IMG_20140428_175737

IMG_20140428_181941

Despois volvemos para a casa, cansados pero moi contentos.

 Aquí podedes ver o vídeo que recolle a actuación de Aldara e Bernal Muíños interpretando a Foliada de Rianxo durante o programa de Radio Burela.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.