Amasia, o novo supercontinente
A forte atracción ata o polo norte provocará dentro de millóns de anos a fusión entre América e Asia dando lugar a Amasia, o nome que os científicos estadounidenses puxeron ó que creen que será o novo supercontinente da Terra.
Esta gran masa de terra chegará a formarse dentro de entre 50 e 200 millóns de anos. Ambos continentes uniranse a través do polo norte, mediante unha cordilleira montañosa que permitirá cruzar de Alaska a Siberia, e viceversa.
América permanecerá situada no anel de fogo do Pacífico, unha zona de intensa actividade sísmica e volcánica, pero a súa orografía mudará radicalmente porqué a tracción ó Polo fusionará América do Sur ca do Norte.
Este desprazamento provocará a súa vez a desaparición do océano Ártico e do mar Caribe.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]