O pasado venres día catro de novembro, puidemos asistir á videoconferencia que o profesor Ángel Carracedo presentou dende o Brasil. Esta charla estivo relacionada cos xenes, e coa evolución que sufriu o campo da bioloxía nos últimos anos.
Á videocharla puidemos acceder moitos centros, grazas ao labor levado a cabo pola Coordinadora de Equipos de Normalización.
A charla era moi interesante, pois contounos como se están a levar a cabo as pesquisas dos criminais (violacións, asasinatos, secuestros…). Ademais o profesor tamén nos dixo que a través dunha soa pegada dos dedos, pódese saber de que continente provén a persoa, a cor dos seus ollos, sexo…
O profesor respondeu a algunhas das preguntas que os centros lle enviaron moi brevemente, pero de forma moi concisa. A pregunta que máis me gustou foi: “Chegará a raza humana a implantarse chips na cabeza para poder localizar a calquera individuo en calquera momento?”. A esta pregunta o profesor contestou: “creo que iso sería un atrevemento moi grande e infrinxiriamos a liberdade das persoas”.
Adrián Sobradelo Suárez
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]