Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Correlingua 2010- Rianxo

Esta edición do Correlingua estivo ameazada pola chuvia motivo polo que os rapaces de primaria non asistiron ó evento. Primeiro saímos do instituto cara á vila, portando unhas pancartas en defensa do galego. Ó chegar á praza, comezou a chover enerxicamente. Afortunadamente escampou e a carreira puido iniciarse sen demasiados problemas ainda que se mudo o programa orixinal. Houbo alumnos que foron por atallos, e moitos dos que probaban algún novo atopábanse cun camiño sen saída. Ao final de cada carreira repartíronse chapas entre os participantes, xunto cuns pósters co manifesto que foi lido a continuación que era igual ao que se lía nas diferentes cidades e localidades. Lérono de forma case improvisada 3 alumnos do noso IES, porque estaba preparado para que o leran rapaces de primaria, que non puideron vir.

 

 

 

Acto seguido comezou a actuación dos regueifeiros Pinto e Caruncho, que seleccionarion algunhas persoas do público para facer algunhas regueifas sobre eles. Logo diso actuou un grupo de música moderna. Voltamos ó instituto e comentamos cos titores de cada curso que tal fora. Esperamos que todas as edicións sexan tan divertidas coma esta.

 

 

 

O Correlingua 2010 en imaxes:

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.