Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Estamos preparados para deixar de comer carne? (por Breixo Iglesias)

Co paso dos anos cada vez máis xente en España  comeza a ser vegana e/ou vexetariana,  xa sexa por moda ou por concienciación, pero non chega ás porcentaxes doutros países da Unión Europea. Estes datos poderían parecer que,  aínda que non son tan bos como gustaría, se se segue así poderíase notar unha notable mellora na saúde da nosa sociedade, pero contrastan de notable forma co dato de que no ano 2018 os españois gastaron un 3,3% máis na compra de carne que o ano anterior.

No informe titulado The Green Revolution proporciónase o dato de que o 6,3% da poboación declárase vexetariana fronte ao 5,8% do ano anterior. Isto queda a anos luz de outros países do mundo, como India cun 38% que encabeza a lista de países con máis índice de vexetarianos; pero no tan lonxe de Alemaña, país europeo cun índice maior de vexetarianos, cun 11,2%. A dieta vegana reduciría as emisións da industria alimentaria nun 63%, posibilitando un planeta máis limpo e sostible. A conciencia medioambiental é dos principais motivos que levan a moitas persoas a reducir o consumo de produtos de orixe animal. O impacto ambiental causado pola gandaría é moi elevado e tentando reducir a inxesta de carne reduciría de maneira considerable estas emisións, cousa que non lle viría mal ao planeta no estado no que se encontra.

Unha conciencia moi estendida na sociedade é que cunha dieta vexetal imos ter unha deficiencia de proteínas, pero isto non é así, pois o consumo de legumes, cereais ou pseudocereais como a quinoa, derivados da soia, como o tofu ou o tempeh, así como bebidas vexetais e froitos secos, farán que teñamos un aporte nutritivo de calidade, variado e elevado. Combinando de forma adecuada das proteínas vexetais ao longo do día, algúns exemplos son, legumes e cereais, froitos secos e lacteo e vexetais con ovo.

As vantaxes de comezar a comer menos carne e comezar unha alimentación máis variada e saudable axudarían a reducir o problema da obesidade, xa que unha inxesta excesiva de carne xera proteínas e graxas demais, pero isto non só sería vantaxoso para as persoas senón tamén para os animais. Debido á gran inxesta e demanda de carne, as granxas foron optimizadas para albergar a maior cantidade de animais o que provoca que en moitos casos estes vivan nunhas condicións nefastas.

Con isto non estou dicindo que debamos ser todos veganos ou vexetarianos, senón que deberíamos comezar a comer menos carne e comer máis vexetais, xa que non só sería beneficioso para nós senón para o planeta, reducindo as emisións, e para os animais que son engordados en granxas nuns recintos nos que non se poden case nin mover.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.