SARELA BETANZOS (4ºA)
A Real Academia Galega está nunha grave situación de crise, despois da dimisión do seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín. Esta decisión que tomou por sorpresa a todos parece ser a consecuencia da publicación no xornal ABC dunhas acusacións de nepotismo contra o presidente da RAG. Segundo este medio, a Academia contratou a parentes directos do presidente. Mais, segundo as declaracións de Xosé Luís (...)
15 de marzo |
1133 visitas |
0 comentarios
|
Ler máis...
Manel lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Arranxa un nazi burrón de triste historia,
mistúralle fusil e metralleta,
engádelle algún morto na cuneta,
dibúxalle nariz supositoria,
ponlle cara de alcuza con escoria,
fabrícalle un cerebre de penedo,
revólvelle alquitrán e leite acedo,
invéntalle unha ollada xesuita
faille unha voz que lembre a dunha pita
i ahí tés un segredario sin (...)
14 de marzo |
753 visitas |
0 comentarios
|
Ler máis...
Manuel lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Portugal, non. Resulta moi ridículo
que o nome dunha pátria benemérita
se enlixe apelidando a iste pedículo
parásito ronzal de alma pretérita.
Non digas Portugal, di portugálico
pois gálico rezuga o rostro estólido
diste pimpín pasmón microcefálico
que ten un non sei qué de peido sólido.
Chámalle ao tal, memez enciclopédica,
acólito sandéu, mula ortopédica,
bípedo insólito, orneo asnal.
Pero non (...)
13 de marzo |
829 visitas |
0 comentarios
|
Ler máis...
Martín lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Ouro vello de outono e prata fina
a lúa embaixo, o sol enriba.
Nesa surrisa túa, Celanova,
pola que pasa o vento,
hai unha triste historia non contada
feita de amor e troquelada en ferro.
Longos días de pranto e de cinza,
a lúa embaixo, o sol enriba.
Por ise rostro craro,
no que se miran todas as estrelas,
pasan sulcos de luz estremecida,
cantigas de mencer, noites de pedra.
Escumas (...)
12 de marzo |
874 visitas |
0 comentarios
|
Ler máis...
O pasado venres, 8 de marzo, tivo lugar en Santiago de Compostela Os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, PLAMBE. O profesor Agustín Fernández Paz deu unha conferencia co título:
"A construción do lector", no seguinte vídeo podedes ver os primeiros minutos desta interesante (...)
11 de marzo |
988 visitas |
0 comentarios
|
Ler máis...
Estefan lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Quero morrer eiquí (cando me chegue
a hora do viaxe que me agarda).
Eiquí niste silencio
de pombas arroladas,
niste vento que dorme nos piñeiros
un profundo sono de arelanzas.
Quero morrer eiquí cos ollos postos
no fumegar das tellas, na borralla
do tempo, frente a frente
de min, aberta a ialma
aos latexos das horas, nunha tarde
ateigada de arpas.
Van e veñen as nubes viaxeiras,
as (...)
11 de marzo |
564 visitas |
0 comentarios
|
Ler máis...
Celebramos o 150 aniversario da publicación da obra que deu paso ao Rexurdimento
O antigo alumno do noso IES e tamén ex-redactor desta revista e mais do blog "O castelo da lúa", Román Castaño, provocou a través das redes sociais que toda Galiza ande na busca da súa chaqueta de leopardo.
Román perdeu a súa chaqueta en Santiago, a noite na madrugada do 24 de xaneiro, no pub Meia. Román quere recuperar a súa chaqueta, xa que é unha prenda moi importante para el, ademais dun (...)
Adianto de HERBA DE NAMORAR, proxecto audiovisual que un grupo de alumnos, encabezados por Adrián Rico, están a desenvolver no marco do proxecto do ENDL do IES Félix Muriel, Rianxo Fala.
Gonzalo lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
A silandeira sombra sin consolo
de aquil que fun, decote vai conmigo.
Lexano amor, hedra que medra e medra
dentro de min robíndome a modiño.
Aquil que fun non son, por iso estamos
xuntos os dous. Aquil que entonces era
como un río fuxiu, pero quedouse
coma o río que pasa e sempre queda.
Fecunda sementeira do pasado
espello meu, única vida viva,
tódalas cousas morren i esmorecen
somente (...)
974 Artígos | |
|
|
|
|
8
|
|
|
|
|