Intercambio lingüístico cultural
ELI, KATHE (4º ESO D), ALDARA E AIDA (3º ESO A)
O pasado día 22 de abril, fomos de intercambio a Cuntis, co alumnado do C.P.I Aurelio Marcelino Rey García
Adrián lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Disque, na súa tenra xuventú,
iste boi que ós galegos estercola
foi en Galicia á escola
i adeprendéu el soio a decir Múu.
Non sexas, meu amigo, fabulista
e faime a gracia de facer memoria:
aquél que dixo múu na nosa historia
non era un boi, que era un burro flautista.
O conto que che conto é a verdá
e ninguén torcerá a miña pauta:
o boi que dixo múu tería unha flauta
que soar poido por (...)
PEDRO FIGUEIRA (2º BAC. B)
Unha breve reseña e mais o vídeo da actividade.
SARELA 4ºA
Os próximo xoves, venres, sábado e domingo deste mesmo mes, celebrarase en rianxo o 9º encontro internacional da zanfona, no que se realizará unha sesión didáctica, un concerto e dous cursos intensivos. Para máis información consultar a páxina: www.folque.com
O día 23 de abril celébrase o día do libro, durante toda a semana o celebraremos no IES Félix Muriel, os departamentos do centro amosarannos libros relacionados coas distintas materias, podes velos nos puntos del lectura e pasillo do edificio central.
Nos corredores do edificio central e do anexo podedes ver unha exposición de imaxes con frases relacionadas cos libros, bótalle un ollo, paga a (...)
Sarela lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Erguerémola espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.
Non sabrán o camiño
que pra entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.
Tripulantes insomnes,
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no destero
e soñan cun abrente
de bandeiras (...)
Aurora lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igoal que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin (...)
Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4 w:LsdException
15 de abril |
120 visitas |
0 comentarios
|
Ler máis...
Laura lendo o poema de Celso Emilio Ferreiro
Nós queríamos libremente
comer o pan de cada día. Libremente
mordelo, masticalo, dixerilo sin medo,
libremente falando, cantando nas orelas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.
Libremente, libremente,
nós queríamos somente
ser libremente homes, ser estrelas,
ser faíscas da grande fogueira do mundo,
ser formigas, paxarosminiños,
nesta arca de Noé na que bogamos.
Nós queríamos libremente (...)
15 de abril |
105 visitas |
0 comentarios
|
Ler máis...
AURA IGLESIAS (2º BAC.B)
O pasado mércores 10 de abril visitou o noso IES o poeta e profesor Carlos Negro do que aproveito e recomendo ler moitos dos seus poemas, onde mestura humor con denuncia sobre varios temas de actualidade. Este poeta visitounos para falarnos dos atractivos que pode ter a poesía en xeral exemplificando sobre todo coa poesía actual.
A charla comezouna xa de maneira que chamou moito a nosa (...)
15 de abril |
120 visitas |
0 comentarios
|
Ler máis...
960 Artígos |
|
|
3
|
|
|
|
|
|
|