Imaxe de cabeceira
 Portada ·  Blog ·  Materiais do EDLG ·  Máis Materiais do EDLG ·  Abonarse ·  Redacción ·  Mapa do sitio ·  Seguir a vida do web RSS 2.0 
Manuel Núñez Singala
Publicado o luns 16 de xaneiro do 2012.

Normal 0 21

false false false

MicrosoftInternetExplorer4

Manuel C. Núñez Singala nace o 23 de setiembre de 1963. A Terra Chá é a súa primeira patria. Máis tarde, múdase a Santiago de Compostela onde estuda e traballa. Estudou Filoloxía Galega e traballou no Parlamento de Galicia, na Xunta e finalmente, desde hai xa bastantes anos, na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixe, desde o ano 1988, o servizo de Normalización Lingüística.

 Entre algunhas das súas obras literarias destacan: a obra de teatro “O achado do Castro”, gañadora do premio Xiria de Creación Teatral, ou as obras narrativas “Mar de fondo” e “Menú de enganos”. Ademais de todo isto, é o coautor e coordinados dos libros “A información en galego”, “Mellorando os servizos” (2 volumes) e “O idioma na universidade de Santiago de Compostela”.

 O vindeiro luns día 16 contaremos con el no instituto dando unha charla sobre OS PREXUÍZOS ARREDOR DA LINGUA GALEGA.

  Nese tema céntrase a súa obra En galego por que non?, onde trata de dar argumentos para loitar contra os prexuízos e as simplificacións.

 Un grupo de alumnos/as de 3º ESO está a preparar unha obra de teatro chamada: Comedia Bífida, pertencente tamén a Singala. A súa trama céntrase nun xuízo aos falantes (mellor dito, non falantes) galegos, é dicir, un xuízo sobre o uso da lingua ou o emprego que facemos os galegos dela.

  Como podemos observar, todo o que Manuel Núñez Singala nos intenta transmitir é que no momento de dar unha opinión crítica sobre un determinado tema, intentemos deixar de lado os nosos prexuízos antes de comezar a falar.

 



  Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.