Imaxe de cabeceira
 Portada ·  Blog ·  Materiais do EDLG ·  Máis Materiais do EDLG ·  Abonarse ·  Redacción ·  Mapa do sitio ·  Seguir a vida do web RSS 2.0 
Entrevista ao profesor Don José Lobato
Publicado o martes 28 de xuño do 2011.

 

  1. Cantos libros publicou ata o momento?

Varios, e de diferentes temáticas

  1. Cando comezou a súa afección por escribir libros?

Dende moi pequeno, eu era un deses nenos que sempre quería un conto máis. Os vellos da aldea e o meu primeiro mestre tiveron moito que ver, tamén as corredoiras e a lareira onde eu estaba sempre disposto a escoitar. 

  1. Cales son os títulos dalgúns dos libros que publicou ata agora?

Varios, entre eles: Autoconcepto en fillo de emigrantes, Cos pés na peneira, Máxico tear naturar. Ou colectivos como: “A Coruña, a luz das estrelas” , En defensa do poleiro, O centro educativo, un lugar de integración , …

  1. Cal é a orixe das súas historias?

Hai unha mestura de realidade e imaginación.

  1.  Que artigos publicou no xornal ata o de agora?

Son varios en diferentes etapas .Tiven unha etapa que publicaba os domingos sobre temas relacionados coa natureza, e dende o outubro de 2009 na sección Lucerna da portela, trato cada quince días de achegar unha opinión libre sobre diferentes temas da actualidade.

  1. A que idade se lle ocorreu a idea de escribir libros?

Non hai realmente unha idade, para min non é obxectivo primordial publicar, en todo caso é un hobbie.

  1. Está traballando en algo novo?

Si, sempre escribo, por pracer. Na actualidade teño varias cousas aínda que non sei se algún día verán a luz.

  1. Os lectores de hoxe en día non se dan decidido por ningún libro. ¿Que lles recomenda: intriga, terror, amor ,…?

Historias fantásticas fundamentalmente, aínda que o importante é coller calquera tipo de libro e adicarlle uns minutos, pois iso pode despertar o interese pola lectura.

  1. Algunhas das hitorias dos seus libros están inspiradas en aventuras ou trasnadas da súa infancia?

 Pois si.

  1. Ten algún consello para un rapaz novo que queira escribir?

  Pois moita adicación, ilusión e paciencia.

Agradecemos estas verbas do noso profesor e desexámoslle moitos éxitos máis no futuro e que vexan a luz tódas esas cousas que lle andan no maxín.

 

Sergio Baleirón e Rodrigo Comojo


  Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.