Imaxe de cabeceira
Seccións
<>
setembro'10
<>
lumaxovesado
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
Non hai convocatorias nos próximos días
Comentarios
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
 Más > 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |... 
Sitios web
+ artigos de...
Estás aquí: Portada > No meu mar, na miña lingua > Presentación dos materias do proxecto “No meu mar, na miña lingua”
Presentación dos materias do proxecto “No meu mar, na miña lingua”
luns 14 de xuño do 2010, por Redacción
O ENDL do IES “Félix Muriel” de Rianxo presentamos, o día 31 de maio, os materiais elaborados dentro do proxecto «No meu mar, na miña lingua». Viñeron os medios de comunicación e recolleron a noticia do acto. Case preferimos poñer palabras das que eles recolleron nas súas edicións impresas para que non pareza que nos loubamos en exceso.
Ver como foro Versión para imprimir deste artigo Versión para imprimir Crear un PDF Gardar como PDF  Enviar por email

A cultura mariñeira é a base do traballo que durante os tres últimos anos desenvolveron alumnos e mestres pertencentes ao Equipo de normalización lingüística do centro (ENDL). O resultado son unha serie de láminas, un vocabulario en formato papel e tamén dixital e uns vídeos que non recibiron máis que eloxios por parte dos convidados á presentación (La Voz de Galicia, 1 de xuño de 2010).


Á posta de longo deste traballo asistiron o tesoureiro da Real Academia Galega (RAG) e director do Centro de Terminoloxía Científico-técnica de Galicia, Manuel González; o tamén académico Francisco Fernández Rei, a coordinadora de equipos de normalización da provincia, Mercedes Queixas; Olga Iglesias, responsable dos Premios de innvoación en normalización lingüística da Consellería de Educación e a concelleira de Cultura, María del Carmen Figueira.

Todos os convidados coincidiron en destacar a calidade do proxecto.e incidiron no valor dunha iniciativa que desde que botou a andar se fixo con tres galardóns nos Premios de Innovación Educativa e Normalización Lingüística.

Valentina Formoso, coordinadora do equipo de normalización do centro, explicou as metas da posta en marcha do proxecto No meu mar, na miña lingua , unha iniciativa coa que se levou ao papel a terminoloxía relacionada cos distintos tipos de embarcacións. Segundo as súas palabras:
«A recuperación do patrimonio lingüístico e cultural era un dos obxectivos concretos, e para iso os alumnos levaron a cabo un importante traballo para recoller a riqueza lingüística dos maiores a través de termos, cantigas e refráns. Tamén buscabamos a normalización dos usos cultos do idioma, eliminar os prexuízos con respecto á lingua e demostrar que o galego serve para todo, tamén para presentarnos en Europa como fixemos a través do proxecto Comenius».

Foron os alumnos os encargados de levar a cabo as tarefas de campo, e foron tamén estudantes os que explicaron o procedemento que seguiron no traballo. Ademais da recollida da diferente terminoloxía relativa a embarcacións tradicionais como a dorna xeiteira, a gamela, o racú ou o barco bateeiro e tamén a naves para a práctica deportiva, os rapaces fixeron un intenso labor de análise dos vocablos para comprobar a súa existencia e logo buscar a correspondencia en castelán, francés, inglés e portugués.

Todo isto traduciuse en láminas cos distintos tipos de embarcacións cos nomes que designan a cada unha das partes, vocabularios visuais, tanto en papel coma en formato dixital, con definicións e imaxes, así como as correspondencias das palabras en outros idiomas e dous vídeos: sobre a carpintería de ribeira, con testemuñas de artesáns, e tamén sobre os deportes náuticos.

 

O acto de presentación en imaxes:

 

| Con   FIREFOX  verémonos mellor | Reverso&GatosRoxos | CopyLeft |
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa.
Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.