Imaxe de cabeceira
Seccións
<>
setembro'10
<>
lumaxovesado
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930123
Non hai convocatorias nos próximos días
Comentarios
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
Marzo do 2009 – > > Carta de presentación
 Más > 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |... 
Sitios web
+ artigos de...
Estás aquí: Portada > O IES rebule > O intercambio co I.E.S. Rodeira de Cangas
O intercambio co I.E.S. Rodeira de Cangas
luns 14 de xuño do 2010, por Redacción
Ver como foro Versión para imprimir deste artigo Versión para imprimir Crear un PDF Gardar como PDF  Enviar por email

 

O pasado venres, día 28 de maio, o alumnado do Equipo de Normalización e Dinamiazación Lingüística do IES Félix Muriel de Rianxo recibimos a visita de rapaces e rapazas da súa mesma idade dun instituto do Morrazo: o IES Rodeira de Cangas. A actividade consistiu en que o alumnado dos dous centros realizasen unha xornada de convivencia empregando a lingua galega, lingua habitual do alumnado rianxeiro pero non do cangués.
Sobre as 10 da mañá, o alumnado de Cangas chegaba ao IES rianxeiro onde foi recibido no salón de actos, onde os membros do ENDL lles presentaron as actividades do equipo, explicaron as características máis destacadas do seu concello e mais o itinerario da xornada de convivencia.

 

 

Os oriundos fixeron de guías na visita programada pola vila rianxeira durante a mañá, que discurriu desde a praia da Torre e mailo castelo da lúa até a praia de Tanxil, parando no centro da vila para visitar a capela da Guadalupe, as casas de Castelao, Dieste e M. Antonio, a igrexa de Santa Columbra, a praciña coas casas do remo, a ribeira…
Ao medio día dirixíronse aos Castros Neixón, onde xantaron e visitaron os castros, para logo subir ao Pico Muralla onde, como o día estaba bo, puideron disfrutar da paisaxe. A última visita foi ao hórreo do Araño, despedindo logo os visitantes na praza de M. Antonio en Asados ás 19:00 horas.

Todo o alumnado participante contou cun dosier informativo sobre todos os monumentos e os espazos naturais, e para facer máis amena a visita, todos participaron nun xogo de pistas.
Esta xa era a segunda xornada de convivencia, pois xa houbo un primeiro encontro na vila do Morrazo no mes de abril con resultados moi positivos e onde os rianxeiros coñeceron, ademais da vila de Cangas, o cruceiro de Hío, a punta de Cabo home e mais a praia de Melide.

| Con   FIREFOX  verémonos mellor | Reverso&GatosRoxos | CopyLeft |
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa.
Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.